Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio de Xornalistas reivindica o xornalismo de proximidade no contexto da radio dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Colexio de Xornalistas reivindica o xornalismo de proximidade no contexto da radio dixital

S. P.
Publicado: 13/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

podcast_radio.jpgCon motivo da celebración, este martes 13 de febreiro, do Día Mundial da Radio, a xunta de goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia emitiu un comunicado no que reivindica a información de proximidade e as emisoras locais “dentro do novo ecosistema radiofónico dixital que haberá marcar o futuro do medio”. O Colexio tamén fai un chamamento a superar as eivas e os atrancos que impediron que a nosa terra se situase na vangarda do proceso de transformación da radio.
A un nivel máis concreto e poñendo o foco no futuro da comunicación radiofónica, a entidade profesional loa no seu comunicado iniciativas como a protagonizada estes días por Radio Nacional de España, que anunciou o inicio das súas emisións en DAB+, “un paso necesario que foi reiteradamente adiado na nosa contorna”, explican os xornalistas galegos, criticando que “hai que lembrar que a Xunta de Galicia segue sen convocar o concurso para a concesión de licenzas de radiodifusión dixital, o que coloca a nosa comunidade nunha situación de desvantaxe fronte a modernización da radio en Europa”, sinalan, engadindo que “cómpre esperar que o novo anuncio da RNE sirva de estímulo para unha nova etapa na que se resolvan todos os atrasos acumulados na dixitalización radiofónica”.
O Colexio engade que “é necesario non esquecer a relevancia presente e pasada da radio, especialmente en contextos como o galego, onde ten un papel moi importante a súa capacidade de comunicar con inmediatez desde o local”. E apuntan: “A modernización do medio non pode ser a escusa para un novo desmantelamento das emisoras locais, senón que, polo contrario, debe ser a oportunidade para fomentar as desconexións e a información de proximidade”.
O Colexio de Xornalistas fai un chamamento a cesar os peches de medios radiofónicos, os expedientes de regulación de emprego e a precarización laboral para apostar por unha radio moderna, próxima e de calidade.
O Día Mundial da Radio foi estabelecido pola Conferencia Xeral da Unesco en 2011, a proposta da Delegación Permanente de España. A data escollida, o 13 de febreiro, conmemora o día na que se creou a Radio das Nacións Unidas no 1946. Os obxectivos desta celebración son concienciar acerca da importancia da radio, alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio e mellorar a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión. En todo o mundo, realízanse actividades conmemorativas e programacións radiofónicas especiais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?