Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca, primeira banca estatal en habilitar tecnoloxía de chaves de acceso na banca móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca, primeira banca estatal en habilitar tecnoloxía de chaves de acceso na banca móbil

S. P.
Publicado: 15/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

_img_internas__mediaformats_202402-llave-abanca-id-hd-3314304f.jpgAbanca vén de implantar no seu seo unha avanzada ferramenta criptográfica que a situaría, segundo fontes da entidade bancaria galega, como a primeiro do ámbito estatal en habilitar tecnoloxía de chaves de acceso na banca móbil para reforzar a seguridade dos clientes. Trátase de Chave Abanca, un servizo dixital de verificación de identidade baseado na tecnoloxía de chaves de acceso (tamén coñecida como Passkey, en inglés), que, como dixemos, blinda as operacións a distancia e protexe a información confidencial do cliente.
A un nivel máis concreto a entidade engade que Chave Abanca achega ao cliente “un factor adicional de seguridade nas súas operacións desde a súa banca móbil” e “axúdalle a protexer as súas credenciais fronte a intentos de suplantación como phishing e outras técnicas fraudulentas”. Así, grazas a este sistema, o cliente poderá verificar a súa identidade a través dos seus datos biométricos (cara ou pegada) ou o PIN do seu dispositivo móbil, sen necesidade de comprometer as súas claves persoais nin de introducir contrasinais dun só uso para validar envíos de diñeiro ou pagos.
Respecto a como tirar partido deste servizo, unha vez que o cliente configure Chave Abanca desde a aplicación móbile, quedará activa no dispositivo e servirá ao usuario para confirmar a súa identidade de “forma sinxela, áxil e segura”, explica Abanca, engadindo que “a chave de acceso solicitaralle o método de desbloqueo do dispositivo (cara, pegada dactilar ou PIN) para autenticar as súas credenciais no momento de realizar operacións importantes como transferencias, envío de diñeiro a través de Bizum ou creación de tarxetas virtuais, entre outras”.
Ademais, con este sistema, unicamente o cliente terá acceso á súa Chave, “xa que permanecerá exclusivamente no seu dispositivo móbil e nunca se compartirá co banco”.
Para José Manuel Valiño, director xeral de IT, Procesos e Operacións de Abanca, “Chave Abanca proporciona aos clientes o maior nivel de protección nas súas operacións a distancia mantendo a mesma experiencia de usuario, e supón un paso máis no noso compromiso fronte ao ciberfraude”. Subliña que “incorporar a chave de acceso de maneira pioneira para o sector supuxo un importante desafío de deseño e tecnolóxico para os nosos equipos, e cremos que pronto será o estándar do mercado para blindar a verificación de identidade dos clientes de forma áxil e sinxela”.
Chave Abanca xa está dispoñible para máis de 5.500 clientes de banca móbil do banco, e estenderase de forma gradual a todos os usuarios da aplicación móbil. A entidade ten previsto habilitar o servizo noutras plataformas do banco como na banca electrónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?