Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 14 de marzo celébrase TalentoCiberR, un evento para mostrar o noso talento en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 14 de marzo celébrase TalentoCiberR, un evento para mostrar o noso talento en ciberseguridade

S. P.
Publicado: 15/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

talentociberr_citic_ctf_2023-1024x768.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), a Cátedra R en Ciberseguridade (UVigo, UDC e a empresa R) e o centro atlanTTic (Universidade de Vigo) organizan en marzo a primeira edición de TalentoCibeR, cuxo obxectivo é “dar visibilidade ao talento en ciberseguridade de Galicia” e “fomentar novas vocacións entre mozos e mozas, situando no mesmo espazo empresas e talento”.
A xornada celebrarase o vindeiro 14 de marzo nas instalacións do CITIC e o programa incluirá obradoiros prácticos, unha mesa coloquio e a terceira edición da competición C3TF, en formato Capture The Flag.
O encontro terá lugar de maneira simultánea en A Coruña, Vigo e tamén en remoto. Este evento conta ademais co apoio de Microsoft, da Facultade de Informática da Universidade Coruña (FIC), a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (EET) e o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol.
Obradoiros e charlas sobre ciberseguridade
TalentoCibeR comezará coa celebración de dous obradoiros en paralelo: un dirixido ao alumnado de Ciclos de Formación Profesional e outro a estudantes de graos técnicos coma IA, Datos, Informática ou Telecomunicacións.
O obradoiro denominado Nova era: seguridade holística en Microsoft 365 e resposta automatizada ante incidentes usando IA será impartido por Manuel García González, arquitecto de seguridade de Microsoft. Estará enfocado na suite de licenciamento de Microsoft 365 E5 na xestión de licenzas trial. Terá lugar no CITIC e no Salón de Graos da EET.
Por outra banda, o obradoiro O inicio do procedemento forense informático: adquisición de evidencias en PC, móbiles e pendrives USB, estará a cargo de Rafael López García, profesor do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol. Neste curso ensinarase como adquirir certas evidencias forenses en distintos dispositivos empregando tanto ferramentas hardware (clonadoras) como ferramentas software gratuítas (FTK Imager, Caine, adb, WhatsApp Key/DB Extractor, Avilla Forensics, etc). Celebrarase na Sala Network do CITIC e na Aula T214 da EET.
Cada seminario terá dúas horas de duración e é obrigatorio inscribirse a través da web da Cátedra R en Ciberseguridade.
A continuación celebrarase a mesa coloquio Empregabilidade e saídas profesionais de ciberseguridade na que representantes das universidades de A Coruña e Vigo, xunto a profesionais de empresas galegas, darán resposta a preguntas tales como: que futuros poden abrirse unha vez rematada a formación universitaria ou de FP, ou cales son os perfís nacionais e internacionais da carreira profesional en ciberseguridade, entre outras.
Finalizado o debate, o público asistente poderá intercambiar impresións cos relatores nun petisco.
Competición C3TF
Pola tarde, celebrarase no CITIC a terceira edición do C3TF, unha competición en formato CTF (Capture The Flag) ou Captura a Bandeira, na que os e as participantes de Bacharelato, Formación Profesional, Grao e Mestrado (Master) de centros educativos de España terán que resolver durante catro horas diferentes retos relacionados con ámbitos da ciberseguridade no menor tempo posible.
Repartiranse tres premios ao ciber-reto, financiados pola Cátedra R en Ciberseguridade, aos equipos gañadores: o primeiro equipo clasificado recibirá 1.000€, o segundo 700€ e o terceiro premio será de 400€.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?