Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SOGAMA lanza un buscador web que nos resolve dúbidas sobre o correcto depósito de aparellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SOGAMA lanza un buscador web que nos resolve dúbidas sobre o correcto depósito de aparellos

S. P.
Publicado: 16/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sogama_buscador_mobil.jpgA moitos de nós asáltanos ás veces a dúbida de que pasos dar para desfacernos dun aparello electrónico que xa non empregamos, está avariado ou está obsoleto. Para facilitarnos o correcto camiño para o seu tratamento, SOGAMA activou este mes de febreiro un sinxelo buscador (a ferramenta Onde vai?) que achega información precisa sobre cara a onde temos que dirixir cada refugallo.
Especialmente concibido para teléfonos móbiles, tabletas e computadoras, este buscador conta cunha listaxe de 275 residuos nos que se concreta o contedor de destino ou puntos de achega, á vez que ofrece unha explicación sobre os erros máis comúns.
A finalidade última desta ferramenta é “que a poboación conte coa información necesaria para facer unha boa separación do lixo en orixe e contribuír en maior medida á reciclaxe”. Trátase tamén dun recurso de consulta que a compañía pública pon ao dispor dos veciños pertencentes aos 295 concellos adscritos ao seu sistema de xestión co obxectivo de que poidan coñecer, “dunha maneira práctica, rápida, intuitiva e visual”, onde depositar os residuos máis habituais.
A ligazón do buscador xa está activa para que lle tiremos proveito.
Didáctica e divulgativa
En palabras de SOGAMA, trátase dunha ferramenta que se incorpora aos servizos didácticos e divulgativos da entidade ambiental autonómica, “exposta fundamentalmente para formato móbil e cun buscador textual onde podemos identificar e localizar o contedor ou lugar específico ao que levar un determinado refugallo”. A base de datos está formada por 275 residuos, na que se inclúen posibles sinónimos e variantes, e cada refugallo está vinculado ao seu contedor ou punto de achega correspondente, ofrecendo ao usuario unha explicación sobre os erros máis habituais que se adoitan cometer á hora de elixir onde depositalo e, no seu caso, unha ligazón á listaxe cos puntos dispoñibles a onde carrexalo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?