Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha vídeo-receita dun estudante coruñés, entre as máis votadas do XII Premio Promesas da Alta Cociña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha vídeo-receita dun estudante coruñés, entre as máis votadas do XII Premio Promesas da Alta Cociña

S. P.
Publicado: 19/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

jacobo_diz_promesas_alta_cocina.jpgLe Cordon Bleu Madrid anunciou que a vídeo-receita do estudante galego Jacobo Diz Gómez, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, para tentar acceder á gran final nacional do XII Premio Promesas da Alta Cociña é, a falta do peche de votacións nunhas horas, unha das cinco contribucións máis valoradas polo público durante a fase de votacións. Estas votacións populares realizáronse a través do perfil de en a páxina oficial de Facebook de Le Cordon Bleu Madrid onde obtivo máis de 1.425 votos.
Os votos obtidos a través da rede social constituirán un 15% da valoración aos participantes, e sumaranse ás votacións do xurado profesional, composto por chefs profesores da Escola. O prazo de votacións estará aberto ata o remate da xornada deste 19 de febreiro. Logo, o mércores 21 de febreiro, Le Cordon Bleu Madrid dará a coñecer os 10 finalistas que participarán na gran final na súa sede de Madrid en abril.
50 aspirantes de toda España
Os 50 aspirantes participantes nesta fase foron elixidos entre un total de 28 centros de ensino de 21 provincias de España e compiten por conseguir un dos dez postos na final do prestixioso certame nacional. Nas vídeo-receitas, de 5 minutos de duración máxima, os estudantes demostran as súas habilidades culinarias e creativas cun prato elaborado a partir dunha proposta común: paupiette de troita rechea con salsa holandesa con dúas guarnicións, unha delas feita obrigatoriamente a base de pataca e a outra cen por cen libre.
Os 10 finalistas deberán presentar o seu prato fronte ao xurado, que na súa última edición estivo presidido por Nacho Manzano, chef con 2 estrelas Michelin do restaurante Casa Marcial en Asturias. En edicións anteriores, o xurado estivo presidido por outras celebridades da gastronomía nacional, como Jesús Sánchez, Joan Roca, Diego Guerrero, Martín Berasategui ou Andoni Luís Aduriz.
Andalucía con 14 e a Comunidade Valenciana con 7 candidatos, son as Comunidades Autónomas con maior representación nesta edición. Tamén estarán presentes nesta fase do certame outras autonomías como: Aragón, Baleares, Castela e León, Cataluña, Galicia, Canarias, A Rioxa, Melilla, Murcia, Navarra, e Euskadi.


Vídeo-receita de Jacobo Diz

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?