Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 30 empresas galegas presentan este mércores os resultados do seu paso por Galicia Avanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 30 empresas galegas presentan este mércores os resultados do seu paso por Galicia Avanza

S. P.
Publicado: 20/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galicia_avanza_2_.jpgO programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza, posto en marcha en 2022 por GAIN, o IGAPE a Tecnópole de Ourense, vai chegar este mércores a un punto culminante do seu desenvolvemento. En concreto, as 30 pemes innovadoras e/ou tecnolóxicas de toda a comunidade que participaron na 2ª edición desta iniciativa van presentar na dita xornada os logros conseguidos ao longo dos dez meses que durou o programa. Contarase coa asistencia da directora de GAIN, Patricia Argerey, que inaugurará o encontro; a directora xeral do IGAPE, Covadonga Toca; e a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Nóvoa.
O evento vaise celebrar en Tecnópole, entidade encargada da xestión e coordinación do programa. No transcurso do acto, destinado a promover a internacionalización da innovación en Galicia, daranse cita empresas de todos os sectores, con presenza en mercados exteriores ou con potencial de exportar as súas innovacións. Ao longo da xornada poderán compartir experiencias e realizar reunións bilateriais entre empresas.
O director xerente de Tecnópole, Javier Taibo, presentará os resultados desta segunda convocatoria e informará sobre as particularidades da terceira convocatoria, que xa se pon en marcha e na que poderán participar outras 30 pemes galegas innovadoras.
O evento inclúe un completo programa de actividades. Ademais de poder visitar a sala de demostracións das 30 pemes participantes nesta edición, empresas de referencia contarán a súa experiencia no eido da internacionalización. É o caso de Rocío Cid, xerente de Cuevas Marron Glacé – Cuevas & Cía, empresa do Grupo Cuevas dedicada á transformación da castaña, á elaboración de castaña confitada e buque insignia da internacionalización e a innovación neste grupo empresarial. Tamén se contará con Gabriel Gómez Celaya, director xeral de Marine Instruments, compañía líder no desenvolvemento e fabricación de tecnoloxía adaptada ao medio mariño, enfocados a océanos intelixentes e pesca sustentable, unha firma innovadora cunha destacada posición no mercado internacional, Premio Nacional de Innovación en 2022.
Ademais, o experto Marcelo Castelo, autor do modelo xeral das tres dimensións da comunicación humana -TLB-, abordará o valor da comunicación como vantaxe estratéxica das empresas e dos seus líderes.
Unha folla de ruta personalizada para cada empresa
Durante os dez meses de duración do programa e a través dun equipo de expertos en internacionalización, traballouse na saída ao mercado exterior das empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes. Axudóuselles a mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con outras empresas.
Así mesmo, ao longo destes meses reforzáronse aspectos como a mellora da innovación, as estratexias de mercadotecnia, creación de marcas e certificacións, ou a adaptación de produtos e servizos ao mercado exterior, entre outros aspectos. Con cada firma seguiuse unha folla de ruta personalizada, segundo as necesidades que presentaba cada unha.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?