Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña preparou unha chea de actividades innovadoras para achegar Europa á cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña preparou unha chea de actividades innovadoras para achegar Europa á cidadanía

S. P.
Publicado: 21/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

europa_no_teu_concello_deputacion_coruna.jpgA oficina Europe Direct A Coruña da Deputación da Coruña organiza unha decena de actividades neste arrinque 2024 para ser desenvolvidas nos municipios que forman parte da rede Europa no teu Concello. As accións previstas, todas elas innovadoras, servirán para dar a coñecer a Unión Europea aos nenos e nenas, para difundir políticas da UE entre a cidadanía e para achegar oportunidades de formación e participación en Europa a mocidade vertebran a oferta deste inicio de 2024.
Entre as iniciativas informativas e de sensibilización sobre a UE, está dispoñible Coñece Europa con Kalopsia, un obradoiro de contacontos que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida que é a UE e que conta con intérprete de signos para garantir a súa accesibilidade.
Haberá tamén funcións de A Maxia de Europa, unha actuación de trucos e humor coa que percorrer os símbolos e valores da UE e varias paradas da exposición ao aire libre Pacto Verde Europeo, que achega á cidadanía as liñas fundamentais das políticas verdes que guían o crecemento europeo.
Ademais, xa está en marcha polos concellos a exposición itinerante Experiencia Europa, que achega o funcionamento da Unión Europea e a súa influencia no día a día a través dunha experiencia dixital.
Dentro das oportunidades para a mocidade, os concellos membros de Europa no teu Concello poderán promover a participación da xente nova do seu municipio na campaña Embaixadorxs Destino Europa, una iniciativa de euroinfluencers para incentivar o coñecemento dos programas europeos neste sector da poboación.
Tamén está previsto un encontro coa Oficina do Parlamento Europeo en España denominado Ventana a Europa, ao que se engaden os obradoiros formativos Hello, Europe!, que buscan incrementar a capacitación da mocidade en habilidades para a busca de oportunidades laborais e de formación na UE. Nestes primeiros meses, centraranse na carreira investigadora, na elaboración do CV Europass, na creación de cartas de presentación e nas habilidades dixitais.
A rede Europa no teu Concello ofrece, ademais das actividades de formación e de sensibilización europea, apoio aos concellos nas súas iniciativas locais e servizos de carácter xeral que inclúen a recepción dun expositor informativo, publicacións oficiais, materiais e un boletín semanal coas novidades de mobilidade para a xente moza, entre outros.
Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea da Deputación da Coruña, impulsou a posta en marcha desta iniciativa co obxectivo de “descentralizar as actividades de información e sensibilización europea na provincia”. A rede Europa no teu Concello suma xa 44 municipios da provincia da Coruña e a campaña de adhesión de concellos interesados na iniciativa continúa aberta. Poden poñerse en contacto a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal.
Os concellos que participan nesta iniciativa son: A Baña, A Laracha, Abegondo, Ames, Ares, Boiro, Boqueixón, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Culleredo, Dodro, Dumbría, Fene, Frades, Lousame, Moeche, Mugardos, Narón, Negreira, Oroso, Paderne, Padrón, O Pino, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Rois, Sada, Santa Comba, Touro, Valdoviño, Vedra, Vilasantar, Vimianzo e Zas.
Para información complementaria, pódese consultar a páxina web da Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?