Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone amosará no MWC24 tecnoloxías dixitais a favor dunha sociedade máis inclusiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone amosará no MWC24 tecnoloxías dixitais a favor dunha sociedade máis inclusiva

Redacción
Publicado: 21/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

53542860908_f4c4baa805_o.jpgVodafone amosará como as tecnoloxías dixitais poden promover sociedades máis inclusivas a través de 19 demostracións no seu expositor no Mobile World Congress Barcelona 2024, baixo o lema Progreso a través da tecnoloxía. O expositor organízase en catro zonas (Smarter Networks, Business, Communities e Innovation), conectadas por un lazo vermello, nas que se exhiben plataformas e solucións enfocadas a mellorar o sector sanitario, tecnoloxías de conectividade satelital e de cable submarino, así como redes Open RAN e innovadoras funcionalidades da rede 5G.
Na zona Smarter Networks, os visitantes terán a oportunidade de coñecer as novas tecnoloxías 5G que mellorarán a capacidade da rede nas grandes cidades e iniciativas satelitais e de cabo submarino para levar a conectividade a todos os recunchos do mundo. Tamén poderán coñecer como é posible mellorar os partidos de rugby con análise de datos en tempo real, e o uso da rede e de sensores meteorolóxicos para prever inundacións ou xestionar incendios. Do mesmo xeito, os visitantes poderán descubrir varias solucións con API que permiten evitar fraudes en transferencias bancarias.
Na zona Business estarán ubicadas demostracións sobre sistemas de videovixilancia para mellorar as estradas, o transporte público e os grandes eventos, ou a solución Pairpoint, coa que Vodafone quere axudar a igualar a carga de impostos de mobilidade para todos, evitando a discriminación por lugar de residencia. Por último, poderanse coñecer iniciativas para ofrecer transmisións de vídeo fiables e rendibles a través de redes móbiles, xunto cunha plataforma baseada na nube.
Na zona Communities, exhibiranse novas solucións dixitais para o sector sanitario, como HyperRealityHub, unha plataforma disruptiva para ofrecer produtos e servizos de Vodafone no mercado da realidade virtual inmersiva a prezos accesibles; así como solucións de teleasistencia domiciliaria para mellorar a independencia das persoas maiores. Ademais, poderán acceder a información sobre como o programa Skills Upload Jr mellora as competencias dixitais da cativada de 6 a 12 anos en toda Europa.
Na zona Innovation estarán dispoñibles solucións para mellorar o rendemento das redes Open RAN respecto ás redes tradicionais. Os visitantes coñecerán o potencial dos novos chips fotónicos de silicio para converterse no hardware que impulsará as redes móbiles do futuro, en colaboración con múltiples socios da industria. Por outra parte, poderán coñecer a evolución do prototipo de rede 5G integrada nunha RaspBerry Pi que volve ao MWC con máis funcionalidades e autonomía para proporcionar servizo en calquera sitio, incluso sen necesidade de conexión á rede eléctrica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?