Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 10 millóns de euros en investimentos para cinco novos proxectos de infraestruturas compartidas e centros dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

10 millóns de euros en investimentos para cinco novos proxectos de infraestruturas compartidas e centros dixitais

Redacción
Publicado: 22/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20240223_rueda_01.jpgO presidente Rueda anunciou hoxe que a Xunta vai apoiar o desenvolvemento de cinco novos proxectos de infraestruturas de uso aberto e compartido ao abeiro das liñas de axudas para Centros de Fabricación Avanzada e de Centros Dixitais. A previsión é investir 10 millóns de euros nestas instalacións que estarán a disposición do tecido produtivo, dos que a Xunta achega máis de 8 millóns. O obxectivo é seguir impulsando a modernización e dixitalización da industria galega.
Trátase de instalacións con “aparellos e tecnoloxía complexa” que estarán instaladas nunha “empresa principal” pero a disposición dos pequenos e medianos empresarios de toda a comunidade. O obxectivo é achegar estes servizos e produtos aos autónomos e pemes a prezos competitivos. Servizos que, doutro xeito, “non poderían permitirse” polo investimento que supón contar con eles na súa propia empresa de forma continuada.
Así, e a través de ambos programas, promoveranse actuacións en eidos diferentes como a produción audiovisual avanzada, as tecnoloxías satelitais, os servizos avanzados de datos, a mellora da conectividade ou a produción, monitorización e análise de vídeo.
No caso dos centros de fabricación avanzada, realizaranse tres novas iniciativas. A primeira deles céntrase na posta en marcha dun centro de produción audiovisual avanzada na Cidade das TIC da Coruña. “Un espazo que contará con dous novidosos estudios de rodaxe e servizos de última xeración”, á disposición da industria audiovisual galega, indicou Rueda.
O segundo dos proxectos propón a creación dun centro na área de Vigo en que se “realizarán probas de certificación e desenvolvemento de compoñentes de satélites nunha contorna similar á do espazo”, e con todas as medidas de seguridade necesarias. Deste xeito, ofreceranse dous servizos: a certificación de tecnoloxías satelitais e probas para o desenvolvemento de tecnoloxías de propulsión eléctricas.
A terceira iniciativa configúrase como unha instalación complementaria ao Laboratorio de Intelixencia Artificial da Cidade das TIC, ofrecendo servizos de demostración, prototipado e lanzamento de proxectos para a implantación de produtos e servizos relacionados coa propia intelixencia artificial.

Centros dixitais

Estas actuacións compleméntase cos proxectos da liña de centros dixitais, no marco do programa do Fondo de Transición Xusta, e que presta especial atención á mellora da dixitalización do tecido empresarial e á modernización da industria galega a través da creación deste tipo de infraestruturas nos lugares identificados como zonas de transición xusta que, no caso de Galicia, se corresponde coa provincia da Coruña.
Neste eido, tal e como explicou o presidente, os novos proxectos permitirán, dun lado, a posta en marcha do primeiro punto neutro de conectividade en Galicia, que se localizará en Santiago, que mellorará a experiencia dixital en todo o territorio, impulsando a transformación da Comunidade con especial atención a tres ámbitos: mundo rural, sectores emerxentes e pemes; e doutro, a posta en marcha, na Cidade das TIC, dun centro dixital de monitorización, produción remota e análise de vídeo.
A finalidade destas dúas liñas é o desenvolvemento da contorna das empresas e os consumidores, a modernización e desenvolvemento da base industrial, e a mellora da dixitalización dos procesos empresariais. En definitiva, perséguese a promoción das infraestruturas axeitadas como factor determinante para mellorar a competitividade das pemes galegas, apostando por un modelo de crecemento intelixente, sustentable e innovador.
Neste sentido, cómpre lembrar que na actualidade estanse a impulsar en Galicia sete centros de fabricación avanzada en sectores tan diversos como as TIC, o turismo, a saúde, a loxística, o biotecnolóxico, a loxística, o agroalimentario ou o deporte. En total, suman investimentos por máis de 26,6 millóns de euros cunha axuda de 18,6 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?