Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a conta atrás para a décima edición da FIRST LEGO League Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a conta atrás para a décima edición da FIRST LEGO League Galicia

S. P.
Publicado: 22/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

first_lego_league_campus_ferrol_udc.jpgO vindeiro 4 de marzo volve ao Campus de Ferrol a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), organizada pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da UDC baixo o paraugas da asociación ingeniera.soy. Trátase da décima edición dunha das grandes probas galegas de talento tecnolóxico maker, amais de ser unha porta da entrada para ducias de estudantes nos ámbitos da electrónica, a robótica, a Intelixencia Artificial e a tecnoloxía igualitaria, inclusiva, sustentable e sen cancelas.
A FIRST LEGO League Galicia terá lugar o vindeiro sábado 2 de marzo no Campus Industrial de Ferrol e, máis concretamente, na Escola Politécnica de Enxeñaría e na Facultade de Humanidades e Documentación.
O Xogo do Robot disputarase no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios levarase a cabo no Auditorio Municipal de Ferrol.
Ao igual que en edicións anteriores, o evento conta coa colaboración da Xunta, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Ferrol. Ademais, patrocina a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.
Que é a FIRST LEGO League?
A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en tres categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación. Este é un desafío conformado por tres ámbitos de traballo:
• Deseñar, construír e programar un robot
• Desenvolver un proxecto de innovación que dea solución a un problema proposto por eles mesmos dentro da temática anual
• Demostrar uns valores de equipo
A FIRST LEGO League ten unha dobre misión: por unha banda fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre os máis novos; e pola outra desenvolver habilidades e competencias de futuro.
Presentación
A competición será presentada este venres 23 de febreiro na sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, ás 12:00 horas. O acto estará presidido pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas, a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao Rodríguez, a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons Formoso, o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez González, o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, Vicente Díaz Casás, e o coordinador da FLL Galicia, José Antonio Becerra Permuy.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?