Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo ten xa licitado por 4,5 millóns de euros o equipamento para os 52 concellos adheridos a Impulsa TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo ten xa licitado por 4,5 millóns de euros o equipamento para os 52 concellos adheridos a Impulsa TIC

S. P.
Publicado: 23/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_230224_xunta_de_goberno.jpgA Deputación de Lugo aprobou este venres 23 de febreiro a licitación por un importe de preto de 800.000 euros dos últimos lotes do subministro de equipamentos e servizos tecnolóxicos que, unha vez adquiridos, a institución provincial proporcionará de maneira gratuíta aos 52 concellos da provincia que decidiron adherirse ao programa Impulsa TIC.
Con esta última licitación, explicou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, “a Deputación xa ten en fase de contratación a totalidade do investimento de 4,5 millóns de euros co que está dotado o Impulsa TIC”. Un proxecto, apuntou, que a institución provincial puxo en marcha con fondos captados da Unión Europea “co obxectivo de colaborar cos concellos da provincia para avanzar na súa transformación dixital e, polo tanto, ofrecer un mellor servizo público aos veciños e veciñas”.
Entre as ferramentas tecnolóxicas que a Xunta de Goberno aprobou licitar destaca “a implantación dun chatbot con Intelixencia Artificial, integrado nas web de concellos de menos de 5.000 habitantes, unha experiencia piloto que é pioneira en España”. Trátase dun asistente virtual, que ofrecerá atención ao cidadán as 24 horas dos 365 días do ano para resolver consultas dun xeito rápido e eficaz, e reducir a carga de traballo para os traballadores públicos. Ademais, nos lotes aprobados esta mañá tamén se inclúen equipamentos dixitais para dar una maior transparencia financeira.
Ademais saíu adiante a adxudicación do primeiro lote de materiais, á empresa Alpha Syltec Ingeniería, por unha contía que ascende a case 18.000 euros, e que servirán, en concreto, para mellorar a eficiencia dos servizos básicos da Administración Electrónica, a creación de oficinas municipais de prestación de servizos electrónicos aos cidadáns, a integración dos sistemas de tramitación municipais cos sistemas de padrón e contable ou a implantación dun sistema de automatización e dixitalización dos plenos municipais.
Pablo Rivera avanzou que nas vindeiras semanas a Deputación irá adxudicando o subministro do resto de equipos e servizos,que teñen que estar implantados o 30 de abril, data na que deberán estar finalizados todos os proxectos subvencionados do programa Impulsa TIC.
Lembrou tamén que todo o material atende ás necesidades que os propios concellos lle trasladaron á institución provincial, e que se distribúe seguindo criterios obxectivos entre os 52 concellos que decidiron sumarse ó proxecto, de xeito semellante ao Plan Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?