Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha un servizo de videointerpretación para persoas xordas nas urxencias sanitarias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha un servizo de videointerpretación para persoas xordas nas urxencias sanitarias

Redacción
Publicado: 26/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240226-presentacion-servizo-videointerpretacion1_20240226130143.jpgA Xunta de Galicia pon en marcha un servizo de videointerpretación para dar atención ás persoas xordas nas urxencias sanitarias, tal e como anunciou esta mañá o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, no transcurso da súa visita ao PAC da Casa do Mar da cidade herculina, un dos 90 nos que se incorpora este servizo en toda Galicia. Este servizo de videointerpretación estará dispoñible 24 horas e 365 días ano ano no 061, así como en todos os servizos de urxencias hospitalarias, e en todos os puntos de atención continuada.
No acto de hoxe, no que o conselleiro estivo acompañado polo presidente da Federación de Persoas Xordas, Iker Sertucha, así como polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, o titular da carteira sanitaria remarcou que, con esta medida, a Xunta dá cumprimento a un acordo unánime do Parlamento de Galicia co obxecto de poñer en marcha este servizo a disposición do colectivo de persoas xordas as 24 horas do día na sanidade pública.
Comesaña lembrou que as persoas xordas podían acudir á sanidade pública con intérprete a través do convenio que a Consellería de Política Social ten coa Federación, por preto dun millón de euros anuais para financiar ese servizo, pero as visitas urxentes á sanidade non se poden programar e solicitar, como esixe ese servizo, e moitas veces se producen a horas nas que non é posible contar fisicamente cun intérprete.
Ao respecto, o conselleiro dixo que o seu departamento decidiu optar por un servizo de videointerpretación, colaborando con quen xa o implantara no ámbito administrativo da Xunta, como era a AMTEGA. Polo tanto, a Consellería de Sanidade súmase ao acordo que este organismo tiña xa coa Federación de Persoas Xordas e, dentro dese convenio, inclúese o servizo que hoxe se presentou na Casa do Mar.

Comunicación entre persoal sanitario e doente

20240226-presentacion-servizo-videointerpretacion2.jpgComesaña detallou que, a partir de agora, os servizos de urxencias dos 14 hospitais galegos e os 90 Puntos de Atención Continuada terán instalados en todos os seus ordenadores unha plataforma que permitirá abrir videoconferencia dun intérprete de lingua de signos que facilite a comunicación entre persoal sanitario e paciente. Esta plataforma conéctase cun servizo de videointerpretación do que dispón a Federación, e que funciona 24 horas ao día e os 365 días do ano.
O persoal da Federación estivo xa realizando visitas ás áreas de urxencias para asesorar aos responsables no uso deste sistema e, ademais, Sanidade contou con eles para preparar o material formativo que se facilitou aos traballadores destes servizos para familiarizarse con esta plataforma.
O acordo incorpora a un técnico de apoio intérprete de lingua de signos para que estea a disposición do Sergas, co obxecto de coordinar o proxecto e axudar nas novas necesidades de melloras ou de formación que requiran profesionais ou pacientes.
Para o conselleiro, trátase dunha colaboración moi útil entre a Federación, a AMTEGA e o Sergas. Deste xeito, a Federación amplía o uso do servizo de videointerpretación que presta aos seus asociados e o leva a novos servizos públicos; a AMTEGA avanza na súa Estratexia Galicia Dixital 2030 para facilitar a accesibilidade da administración a través da tecnoloxía; e, pola súa banda; o Sergas consegue dar un paso máis na universalización da sanidade pública.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?