Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG renova a súa imaxe corporativa no 33.º aniversario do centro tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG renova a súa imaxe corporativa no 33.º aniversario do centro tecnolóxico

S. P.
Publicado: 26/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

itg_nova_imaxe.jpgO ITG, o Instituto Tecnolóxico de Galicia, celebra en 2024 o seu 33.º aniversario e faino coa estrea da súa nova imaxe corporativa, que, segundo informa, “condensa o espírito innovador e enfocado ao desenvolvemento de solucións de mercado que caracterizan o seu labor”; principalmente nas áreas da Intelixencia Artificial, a enerxía intelixente para a transición enerxética e a mobilidade aérea urbana.
A nova identidade do ITG vén marcada, segundo indican fontes do centro tecnolóxico coruñés, por “unha nova unha identidade visual totalmente nova en conto a cor, tipografía, formas e códigos visuais; u cambio que vén celebrar unha traxectoria asentada de máis de 30 anos de ITG á vangarda tecnolóxica e unha contorna de desenvolvemento persoal e profesional de primeiro nivel”. Segundo indicaron os responsables do ITG, “esta nova imaxe reflicte máis fielmente os nosos valores estratéxicos: a solvencia e solidez, a modernidade e a vangarda tecnolóxica da súa actividade e o talento das persoas que o fan posible”.
Tal como afirma Carlos Calvo, director xeneral de ITG, “estamos nun dos mellores momentos dos nosos 33 anos de traxectoria en canto a talento e especialización. Aplicamos a tecnoloxía para o control de calidade en procesos industriais, para predicir as vendas dunha empresa, para optimizar roteiros loxísticos, para detectar contaminantes en masas de auga, para que un dron localice coa súa cámara persoas desaparecidas ou para xestionar enerxía verde a prezos competitivos. O desenvolvemento de solucións específicas que melloren a competitividade de empresas e institucións é a razón de ser de ITG”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?