Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone conectará os contadores de Aqualia en España con IoT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone conectará os contadores de Aqualia en España con IoT

S. P.
Publicado: 26/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

iot_vodafone_aqualia.jpgAqualia, empresa estatal centrada na xestión do ciclo integral del agua, vén de confiar a Vodafone o subministro de conectividade NB-IoT (NarrowBand IoT ou Banda Estreita da Internet das Cousas) para dixitalizar o ciclo integral da auga para os próximos 10 anos, segundo un anuncio realizado en MWC Barcelona 2024. O obxectivo inicial é “fornecer máis de 1 millón de conexións IoT aos seus contadores de auga durante os 5 primeiros anos do contrato”.
Vodafone lembrou que desde que se iniciou o despregadura con Aqualia en outubro de 2022, a operadora conectou xa máis de 250.000 contadores á súa rede NB-IoT.
Nos vindeiros anos, Aqualia ten programado ofrecer servizo de telelectura aos seus máis de 3 millóns de usuarios en España, o que “repercutirá nun mellor coñecemento dos usos da auga e da súa eficiencia, e nunha maior transparencia na xestión da auga”, explicaron, engadindo que esta transformación “contribuirá a mellorar aspectos ambientais e a xerar emprego de alta cualificación técnica”.
Daniel Barallat, director de IoT de Vodafone España, destacou: “O control e a correcta xestión do uso da auga en España é un desafío constante e de vital importancia nos nosos días. Con este contrato, poñemos a nosa tecnoloxía máis punteira ao servizo de Aqualia para contribuír activamente á mellor conservación dos recursos naturais e a unha xestión máis eficiente da auga”.
A dixitalización do ciclo integral da auga que acometerá Aqualia nas comunidades en que opera, coa axuda de Vodafone, enmárcase no Proxecto Estratéxico para a Recuperación e a Transformación Económica (PERTE) cuxo obxectivo é modernizar o ciclo urbano da auga para mellorar a súa eficiencia.
Vodafone desenvolveu a solución Vodafone Water Metering para responder as necesidades de dixitalización de todas as empresas de xestión da auga. A solución permite dixitalizar o proceso de medición de consumos de fogares, industrias e entes públicos mediante o uso de dispositivos intelixentes e conectados, que, nas súas palabras, “solicitan unha maior cantidade de información, e mediante o posterior tratamento desa información con ferramentas de análises de datos”.
Ambas as empresas actualmente están a desenvolver un piloto de Vodafone Water Metering na cidade de Vigo, o que axudará a Aqualia a ter un control integral da solución de telelectura e a garantir o mellor servizo aos seus clientes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?