Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia participa no proxecto transfronteirizo Innov4life
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia participa no proxecto transfronteirizo Innov4life

Redacción
Publicado: 27/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240227_innova4life01.jpgO conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, participou esta mañá no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, no acto de lanzamento do proxecto Innov4life, o novo programa no que Galicia e Portugal colaborarán na procura de novas solucións dixitais para abordar as demencias e a dexeneración cognitiva.
Así, mediante unha dotación económica de 1,5 millóns de euros (a través do Programa Interreg POCTEP) e unha duración de tres anos, o proxecto establecerá un LivingLab que contará con instalacións na cidade de Vigo e na Santa Casa dá Misericórdia de Riba de Ave (Portugal).
Na compaña do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente; o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa; e do presidente da AFAGA Alzhéimer, Juan Carlos Rodríguez; Comesaña remarcou que a Xunta continúa coa súa aposta decidida por un Servizo Galego de Saúde «innovador e referente a nivel europeo», unha folla de ruta que xa lle supuxo o máximo recoñecemento da Unión Europea, como rexión de referencia no desenvolvemento de prácticas para un envellecento activo e saudable.
O proxecto Innov4Life contribuirá a pechar a brecha entre os axentes innovadores e os usuarios finais que forman parte do grupo demográfico ao que se dirixen estas solucións en saúde. Deste xeito, crearanse as condicións para poder validar estas solucións dixitais, posibilitando a súa proba, recepción e adopción entre os usuarios finais, e dentro da súa propia contorna.
Coa coordinación do Centro de Competencia para o Envellecemento Activo e Saudable da Universidade do Porto Porto4Ageing, un total de sete organizacións forman parte deste consorcio.
Neste senso, catro delas son galegas: a Universidade de Santiago de Compostela (USC); o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a través da Área sanitaria de Vigo; a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS); e AFAGA Alzheimer. Así mesmo, o Parque de Ciência e Tecnologia da Universidade do Porto (UPTEC) e a Santa Casa dá Misericórdia de Riba de Ave, serán os representantes por parte de Portugal.
O evento estenderase durante dous días, e incluirá unha visita ao Instituto de Investigación Biomédica Galicia Sur, conducida pola súa Directora Científica, Eva Póveda.

Galicia, referente en proxectos de envellecemento activo

Esta iniciativa continúa coa traxectoria de Galicia que a levou a ter o recoñecemento por parte da Comisión Europea como rexión de referencia europea, no desenvolvemento de prácticas innovadoras, no marco da iniciativa estratéxica European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing (EIP on AHA).
O LivingLab de Saúde de Vigo será o segundo tras a experiencia en Ourense da rede LABSAÚDE, e contará coa colaboración do Servizo Galego de Saúde, Universidades, centros de investigación, empresas, organismos de apoio do sector da biomedicina e da biotecnoloxía e á sociedade. Trátase dun espazo de creación, que promove a innovación, a transferencia de coñecemento e o desenvolvemento dun tecido empresarial emprendedor no eido da saúde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?