Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O efecto da Lei de IA nos medios centra un webinar do proxecto Valcomm da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O efecto da Lei de IA nos medios centra un webinar do proxecto Valcomm da USC

S. P.
Publicado: 27/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

workshop_ia_xornalismo_usc.jpgA repercusión e impacto da nova Lei de Intelixencia Artificial da Unión Europea sobre os medios de comunicación ocupará un webinar en liña que se celebrará o vindeiro 14 de marzo entre as 16:00 e 17:45 horas, e que contará coa participación de expertos na materia e profesionais do sector. A xornada é co-organizada polo proxecto de investigación da USC, Valcomm, centrado no estudo dos medios de servizo público; a Fundaciò da Universitat Politécnica de Catalunya, e RTVE Instituto.
A inscrición é totalmente gratuíta e as persoas asistentes que se matriculen con antelación poderán recibir un certificado de concorrencia.
O webinar fraccionarase en tres mesas de debate para tratar temas de interese relacionados con esta nova lexislación e que se repartirán nos seguintes eixes temáticos: A Lei de Intelixencia Artificial: Como afecta os medios; Lexislación, Medios e Protección de Dereitos Fundamentais; e Innovación en IA e oportunidades para os Medios. A inscrición pode facerse en liña na ligazón habilitada pola USC.
O programa
16.00 Apertura-Benvida. Participa: Verónica Ollé, directora do Gabinete de Presidencia de RTVE e Miguel Túñez, catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela.
16:15. A Lei de Intelixencia Artificial. Como afecta os medios? Participa: Juergen Foecking, director adxunto da Oficina do Parlamento Europeo e Luís Miguel Macho, catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Modera: Verónica Ollé, directora do Gabinete de Presidencia de RTVE.
16.45 Lexislación, Medios e protección de Dereitos Fundamentais. Participa: Luís Antonio de Salvador Carrasco, director da División de Innovación da Axencia Estatal de Protección de Datos (AETPD) e Idoia Salazar, presidenta e cofundadura do Observatorio do Impacto Ético e Social da Intelixencia Artificial (OdiseIA). Modera: Cristina Bravo, directora de RTVE en Castela A-Mancha.
17.15 Innovación en IA e oportunidades para os medios. Participa: Juan Llorens, catedrático de Ciencias de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Carlos III de Madrid e Carmen Pérez Cernuda, subdirectora de Estratexia tecnolóxica e Innovación Dixital de RTVE e coordinadora de proxectos de IA en RTVE. Modera: Francés Tarrés, doutor en Telecomunicacións (UPC) e responsable do grupo EETAC-UPC.
17.45 Clausura. Participa: Pere Vila, director Estratexia Tecnolóxica de RTVE, Miguel Túñez, catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela e Sara Martín Olmo, directora de RTVE Instituto. Modera: David Corral, responsable de Innovación en RTVE.
Presenta: Cristina Bravo, directora de RTVE en Castela A-Mancha.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?