Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ordes conta cun novo plató para rodaxes equipado co apoio do Hub Audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ordes conta cun novo plató para rodaxes equipado co apoio do Hub Audiovisual

Redacción
Publicado: 27/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240227_tex45_02.jpgO director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou este mediodía o novo plató para rodaxes de cinema e televisión instalado no concello coruñés de Ordes por Tex45 Producións, que contou para o seu total equipamento co apoio da Xunta de Galicia a través do seu Hub Audiovisual Industria Cultural.
Acompañado por Manuel Cernadas e Elba Pedrosa, director e coordinadora de novos formatos de Tex45, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades visitou o novo espazo habilitado nunha nave do polígono industrial de Merelle, co que se amplían os servizos que esta empresa xa viña ofrecendo desde hai anos nun primeiro plató situado na mesma localidade. En ambos os casos, dispoñen da última tecnoloxía LED tanto en iluminación como en pantallas de vídeo para calquera tipo de filmación.
Entre os dous estudios, Tex45 leva a cabo de xeito simultáneo a gravación de entre catro e cinco programas de televisión e está previsto que comece tamén proximamente a gravación de interiores do filme Para ver o mar, título beneficiario das axudas da Xunta á produción audiovisual no pasado ano 2022.
Para levar a cabo o seu novo proxecto, a produtora recibiu unha subvención de preto de 100.000 euros como unha das 42 empresas culturais adxudicatarias en 2023 do fondo tecnolóxico para a adquisición de novos equipamentos, que están a reverter directamente nunha maior competitividade do sector na nosa Comunidade.

Capacidade para 200 persoas

20240227_tex45_01.jpgCon este segundo espazo en Ordes, engádense 1.100 m2 para a filmación de todo tipo de producións audiovisuais, dos que máis de 700 m2 funcionan como plató diáfano cun ciclorama verde chroma. Con capacidade para 200 persoas, inclúe tamén outras dependencias destinadas a almacén, oficinas ou camerinos.
Este acondicionamento posibilitou, entre outras accións, a optimización do sistema de climatización para mellorar a eficiencia enerxética e reducir a pegada acústica, o illamento acústico e lumínico do espazo e a instalación de truss de aluminio para empregar nas rodaxes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?