Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os podcast de Aquí faltan páxinas comezan este martes a súa segunda edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os podcast de Aquí faltan páxinas comezan este martes a súa segunda edición

S. P.
Publicado: 27/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

aqui_falntan_paxinas_deputacion_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra vén de lanzar a segunda colección do programa de podcasts e charlas sobre igualdade Aquí faltan páxinas, na que se enxalza a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia. Segundo explicou o presidente provincial, Luis López, a segunda convocatoria vén con importantes incorporacións, como a inclusión por vez primeira dunha muller viva, a fotógrafa Mary Quintero, ou de mulleres anónimas (como as leiteiras de Pontevedra ou das madriñas de San Simón). Tamén se porá o foco no mundo rural.
O programa, que se estenderá ao longo de todo o ano, arrancará este martes 27 de febreiro cunha conferencia, ás 19:00 horas, no Museo de Pontevedra sobre Carmen Babiano Méndez-Núñez impartida por Beatriz de San Ildefonso.
O programa de charlas estará dispoñible nos podcast de Aquí faltan páxinas, nas principais plataformas de streaming e no sitio web da institución provincial. Tamén serán incluídas nos contidos virtuais que acompañen as biografías de cada muller ou mulleres reivindicadas.
Aquí faltan páxinas pretende contar a historia de mulleres extraordinarias que desenvolveron un papel clave e, porén, non figuran nos libros. Ademais de lles dar visibilidade, o programa contribúe a dotar as nenas e mozas de referentes femininos.
Ademais das novidades xa mencionadas, esta segunda colección presenta mulleres pioneiras, valentes e arriscadas, que se aventuraron no eido das artes coma Carmen Babiano ou Mercedes Ruibal, na escritura coma Avelina Valladares, na música coma María Pardo Trapote, ou loitadoras coma María Araújo, Urania Mella ou Placeres Castellanos. A colección tamén presenta pioneiras da ciencia coma Inmaculada Paz Andrade, ou figuras relevantes na conquista de territorios, coma a raíña Urraca I, alcumada a Temeraria, por atreverse a exercer o poder igual que facían os homes.
As protagonistas
Aquí faltan páxinas comeza este mes de febreiro con Carmen Babiano Méndez-Núñez, a quen seguen, en marzo e con conferencias tamén na cidade do Lérez, as leiteiras de Pontevedra e Inmaculada Paz Andrade. Sobre as primeiras afondará o 7 de marzo Xiana Iglesias, para dar conta do triunfo da unión entre mulleres, e sobre a segunda falará o día 21 Xoana Pintos Barral, quen dará a coñecer a figura desta investigadora en loita contra os incendios.
No mes de abril a protagonista será Avelina Valladares cunha conferencia na Estrada realizada por Aurora Marco, quen afondará na frustración de ser escritora na Galicia do século XIX. Xa en maio, Aquí faltan páxinas viaxará ata Vigo da man da feminista e defensora da República Urania Mella, sobre a que falarán Iria Presa e Raúl Solleiro Mella.
Pola súa banda, no mes de xuño, Pilar Cagiao dará unha conferencia en Vilagarcía de Arousa sobre a guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista, María Araújo, e, en xullo, no castelo de Sobroso, a conferencia de María del Carmen Pallares tratará sobre Urraca I de León, a raíña batalladora. En agosto, as madriñas de Redondela, esperanza dos presos de San Simón, serán protagonistas dun relatorio na propia illa a cargo de Eva Mejuto e de Carmen Lores Blanco, filla dunha madriña.
Xa en setembro, a protagonista será Mercedes Ruibal, unha pintora alegre de trazos dramáticos, sobre a que falará Ángeles Ruibal e María Luisa Sobrino, e en outubro chega a quenda da lírica coa análise da figura de María Pardo Trapote, a soprano de Teis nos Estados Unidos, a cargo de Montserrat Capelán e Pilar de Saa, sobriña-neta da soprano. En novembro, Mary Quintero, a fotógrafa cun estudio propio e unha ollada única, será protagonista cunha conferencia en Vigo na que ela mesma se encargará de dar a coñecer a súa traxectoria.
Aquí faltan páxinas pecharase no mes de decembro en Ponte Caldelas, cunha conferencia centrada na figura de Placeres Castellanos, unha galega na resistencia francesa contra os nazis, que impartirá a súa neta Silvia Caldas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?