Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un informe sitúa a rede móbil de Vodafone como a máis fiable de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un informe sitúa a rede móbil de Vodafone como a máis fiable de España

Redacción
Publicado: 27/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafoneghv1yw5woaa_lgt.jpgA rede de Vodafone volve ser a mellor do mercado español polo oitavo ano consecutivo, segundo o informe independente Mobile Network Test in Spain realizado por umlaut, empresa de consultoría global e líder mundial en probas e avaliacións comparativas de redes móbiles. A avaliación integral das redes móbiles en España levada a cabo por umlaut demostrou como Vodafone logrou mellorar a súa puntuación respecto ao ano pasado, acadando unha puntuación de 897 sobre 1000 (+29 puntos). Estas melloras víronse impulsadas por un amplo despregamento de 5G e 4G. A operadora acadou uns resultados consistentes nas distintas probas e entornos medidos, destacando os excelentes valores no servizo de voz e na fiabilidade do servizo, tanto de voz como de datos. Deste xeito, demostrase o liderado da rede de Vodafone para realizar con éxito chamadas de voz, mensaxería instantánea, navegación web, uso de redes sociais e reprodución de música e vídeo.

Probas nos servizos de voz

Vodafone lidera as probas de voz en grandes cidades e alcanza o 96% de chamadas satisfactorias nos drivetests e o 99% de chamadas satisfactorias nos walktests. Ademais, encabeza tamén as probas de voz en localidades máis pequenas e acadou as cualificacións máis destacadas nas chamadas de voz realizadas en estradas. O servizo de voz (VoLTE) destaca pola súa excepcional claridade de son e a súa capacidade sobresaínte para completar chamadas con éxito. Actualmente, máis do 80% das chamadas dos clientes de Vodafone desfrutan deste servizo de voz mellorado, que se complementa coa posibilidade de realizar chamadas e mensaxes baixo redes WiFi (VoWiFi). Na avaliación da fiabilidade das conexións de voz, Vodafone obtén a puntuación máis alta, tanto en conexións de voz como en probas de datos. Estes resultados reflicten o sólido compromiso e esforzo da empresa en brindar servizos fiables e de calidade ao usuario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?