Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Plataforma Tecnolóxica da Pesca estrea unha áxil ferramenta de datos sobre capturas e facturación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Plataforma Tecnolóxica da Pesca estrea unha áxil ferramenta de datos sobre capturas e facturación

Redacción
Publicado: 28/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pescadegalicia01.jpgA plataforma Pescadegalicia.gal estrea hoxe unha evolución sen precedentes na súa páxina web dende a que ofrece a información estatística sobre a actividade das lonxas da comunidade autónoma. Unha labor que iniciou hai máis de dúas décadas xa cando, en 2003, saía á luz o primeiro Anuario da Pesca de Galicia, un documento de 146 páxinas que detallaba os datos da primeira venda de produtos do mar frescos, poñendo ao servicio do sector marítimo-pesqueiro galego todo o potencial da Plataforma Tecnolóxica da Pesca.
pescadegalicia02.jpgA Plataforma Tecnolóxica da Pesca estrea unha áxil ferramenta que introduce novas posibilidades de explotación dos datos das capturas e facturación rexistrados nas 65 rulas galegas aberta aos profesionais do mar e tamén ao público en xeral, e que permite realizar buscas específicas, organizar a información e presentala da forma máis atractiva e visual posible.
O obxectivo desta mellora tecnolóxica é ofrecer os datos máis completos co fin de contribuír a unha xestión máis eficaz dos recursos pesqueiros, permitindo a súa consulta case en tempo real desde calquera lugar do mundo, no que supón, ademais, un claro exercicio de transparencia. O obxectivo e que Galicia, a primeira potencia pesqueira europea, retome o signo positivo no conxunto da súa cadea mar-industria, da actividade extractiva á primeira venda nas lonxas, a posterior transformación e a distribución.
anuariopesca.jpg O anuario de 2023 reflicte que o ano pasado foi un exercicio repleto de desafíos, tal e como sinala no seu prólogo Alfonso Villares, conselleiro do Mar en funcións, que sinala que “algunhas chegaron polas restritivas regras de xogo marcadas desde a Comisión Europea, tanto polos recortes a importantes especies para a frota galega, caso do xurelo, como polo duro golpe que supuxo para a actividade, e en especial para o palangre, o veto comunitario decretado ás artes de fondo no Atlántico Noroeste”. Tamén continuaron lastrando a actividade a continuidade na guerra de Ucraína e as crecentes tensións xeopolíticas mundiais.
Tamén apunta ás e dificultades que “viñeron marcadas polo impacto do cambio climático e as inclemencias meteorolóxicas, que golpearon os bancos marisqueiros das rías galegas o pasado outono e provocaron, pola alta temperatura da auga e a baixada da súa salinidade, unha altísima mortaldade nos bivalvos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?