Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Docentes do Campus de Ferrol colaboran nun proxecto europeo para potenciar a creatividade nas enxeñarías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Docentes do Campus de Ferrol colaboran nun proxecto europeo para potenciar a creatividade nas enxeñarías

S. P.
Publicado: 28/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

proxecto_europeo_erasmus_creative_udc_.jpgContribuír ao desenvolvemento das habilidades creativas do alumnado das titulacións universitarias de enxeñaría e potenciar entre estes mozos e mozas outras destrezas chave como poden ser a resolución de problemas ou o pensamento crítico. Este é o principal obxectivo do Proxecto Europeo Erasmus+ Creative Engineering (CEDE) no que participa persoal docente vinculado a campus non centrais da Slovak University of Agriculture de Nitra (Eslovaquia), da Kocatürk Danismanlik de Adana (Turquía), da Università degli Studi del Molise de Campobasso (Italia), da University of Diethnes Panepistimio Ellados de Thermi (Grecia) e da Universidade da Coruña (España).
A profesora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, é a encargada de coordinar este proxecto na UDC. Xunto a ela, colaboran outros 10 profesores e profesoras vinculados á Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). A súa primeira tarefa foi a de elaborar un informe comparativo no que se examinou o tratamento da creatividade, tanto nas facultades como nas escolas de enxeñaría das universidades implicadas no proxecto, así como noutras universidades dos países participantes. Ese documento de traballo salienta os centros nos que xa inclúen competencias creativas e aqueles nos que sería “relativamente sinxelo” incorporar un módulo creativo común en etapas iniciais.
Botando man da experiencia adquirida ao longo de todos estes anos e baseándose nos exemplos de boas prácticas levados a cabo no Campus Industrial de Ferrol, o equipo de traballo deseñou os contidos, a metodoloxía e o método de avaliación do apartado de Desing Thinking dun posible módulo formativo común a todos os plans de estudos das titulacións de enxeñaría en Europa. O modelo desenvolvido na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), onde o alumnado desenvolve proxectos con empresas vinculados a materias desde os primeiro cursos, foi tido en consideración para a elaboración desta parte do módulo. Tamén se referenciou a metodoloxía de traballo implementada na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), na que o alumnado está “totalmente” involucrado en proxectos interdisciplinares, como poden ser o desenvolvemento de compoñentes de vehículos autónomos ou eléctricos.
Na actualidade, o persoal docente do Campus Industrial de Ferrol implicado no proxecto europeo Erasmus+ Creative Engineering (CEDE) está a traballar no deseño dunha plataforma de aprendizaxe electrónica dirixida ao alumnado das titulacións de enxeñaría de toda Europa co obxectivo de mellorar as súas habilidades creativas. A seguinte reunión de traballo terá lugar en Grecia no mes de xullo. Con anterioridade xa se realizaron outras xornadas en Eslovaquia, Italia e Turquía. A cidade de Ferrol acollerá a última destas reunións, en marzo de 2025.
O proxecto europeo Erasmus+ Creative Engineering (CEDE) está financiado pola Unión Europea e conta cun orzamento total de 250.000 euros. A Universidade da Coruña dispón de 48.544 euros para elaborar un informe preliminar, deseñar un módulo formativo para incorporar nos plans de estudo das distintas titulacións de enxeñaría en toda Europa e para crear unha plataforma de aprendizaxe electrónico que permita a mellora das capacidades creativas deste alumnado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?