Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra pon na Rede, a disposición dos concellos, o catálogo +Música
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra pon na Rede, a disposición dos concellos, o catálogo +Música

S. P.
Publicado: 29/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mais_musica_deputacion_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra publico na Rede o catálogo do programa +Música, que pon a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un total de 148 grupos de artistas profesionais que realizan as súas actuacións e concertos en lingua galega ou, no caso de ser instrumentais, con pezas de autoría galega. Con este programa, que conta cun orzamento de 600.000 euros, un 16% máis que o pasado ano, a institución provincial pretende “facilitar a celebración de concertos gratuítos para todos os públicos nos concellos, así como contribuír ao fomento da cultura da provincia e do galego e promover a reputación de Pontevedra como destino cultural”.
O catálogo +Música, que se pode consultar xa na web da Deputación, recolle información detallada sobre cada un dos grupos ou artistas, como a súa páxina web, un breve currículo, a descrición da súa proposta artística, os datos de contacto, o caché, as necesidades técnicas e de produción ou as ligazóns ás súas principais redes sociais, entre outras. Abrangue preto de 150 propostas e recolle unha gran variedade de estilos diferentes, por exemplo grupos enfocados a un público infantil e familiar, como A Gramola Gominola ou Uxía Lambona e a Banda Molona; de pop ou rock, como Familia Caamango, Roi Casal ou The Rapants; folk, como Antía Muíño ou Mercedes Peón; hip hop, como Dios Ke Te Crew ou Dakidarría, ou incluso propostas máis actuais aliñadas co trap, como Boyanka Kostova, ou coa ‘electro cumbia’, como Ortiga. Sen esquecer, por suposto, clásicos da música tradicional, como A Roda, Treixadura, Milladoiro ou Luar na Lubre.
Desde este venres 1 de marzo e ata o vindeiro día 15, os concellos interesados poderán presentar as súas solicitudes de actuacións e concertos a través da Sede electrónica da Deputación. Terán a opción de escoller un máximo de dous grupos ou artistas entre os dispoñibles no catálogo, por orde de preferencia, para unha data previamente acordada cos grupos solicitantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?