Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA estará presente na V edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA estará presente na V edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos

S. P.
Publicado: 29/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

aida_fernandez_rios-noticia.jpgAchegar o coñecemento científico á sociedade mediante 14 conferencias espalladas ao longo deste ano 2024 é o obxectivo que perseguen a Deputación Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) co quinta edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos. Indo ás conferencias, dicir que oito serán en formato seminario web dirixidas á cidadanía en xeral (das cales unha será tamén presencial) e cinco presenciais nos centros educativos da provincia.
As conferencias, que se desenvolverán entre abril e decembro, achegarán á sociedade cuestións relacionadas coa medicina, a sustentabilidade, a selección de persoal, a Intelixencia Artificial (IA), os descubrimentos astrónomos, a xenética ou a paleontoloxía.
O V Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos comezará o 18 de abril coas charlas dirixidas á cidadanía en xeral. A primeira xornada terá lugar ás 19 horas con dúas conferencias: Cribado neonatal: onde estamos e cara onde imos, a cargo de Mª Luz Couce Pico (xefa do servizo de Neonatoloxía e directora da Unidade de Diagnóstico e Tratamento de Enfermidades Metabólicas Conxénitas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago), e VIH: Situación actual, avances e retos actuais, a cargo de Eva Póveda López (coordinadora do grupo de Viroloxía e Patoxénese).
O 25 de abril Sebastián Villasante (doutor en Economía Aplicada e profesor da Universidade de
Santiago) impartirá a conferencia Os alimentos mariños son cruciais para a saúde do planeta e benestar da humanidade e o 16 de maio Fernando Salgado (catedrático de Psicoloxía do Traballo e RRHH e decano da Facultade de Relacións Laborais da Universidade de Santiago) falará sobre O benestar psicolóxico, o equilibrio emocional e o desempeño no traballo.
A Aplicación da Intelixencia Artificial para o procesamento da linguaxe natural. Novas tendencias e desafíos actuais, será outra das conferencias que se levará a cabo o 23 de maio da man de Silvia García Méndez (integrante do Grupo de Tecnoloxías da Información, que forma parte de atlantTTic, da Universidade de Vigo). O 30 de maio Aurora Grandal (profesora titular de Paleontoloxía na Universidade da Coruña e directora do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal) falará De fósiles a humanos, unha historia de ida e volta e finalmente o 6 de xuño rematarán as conferencias dirixidas á cidadanía en xeral con dúas charlas: Os biomateriais no combate do cancro, a cargo de Bárbara Blanco (investigadora Ramón y Cajal no Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago) e Células CAR-T: novo paradigma no tratamento do cancro, a cargo de Mariona Baliu (responsable do Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia de Galaria).
En canto ás charlas dirixidas ao alumnado dos centros de ensino da provincia que imparten ESO, Bacharelato e ciclos formativos, as conferencias terán lugar entre maio e decembro e serán en formato presencial. Os relatorios tratarán sobre Intelixencia Artificial nas nosas vidas, a cargo de María José Carreira (profesora titular da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago); Ser ou non ser hacker e o dilema dos sombreiros, a cargo de Manuel Caeiro (profesor titular de Enxeñaría Telemática da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo); Medicamentos personalizados, a cargo de Carmen Álvarez (catedrática de Tecnoloxía Farmacéutica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela e académica da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Farmacia de Galicia); Exoplanetas e a nova ciencia de Astrobioloxía, a cargo de Minia Manteiga (catedrática de Astrofísica do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña); e por último, O impacto das substancias cotiás no noso material xenético, a cargo de Vanessa Valdiglesias (profesora titular de Xenética na Universidade da Coruña e coordinadora do Grupo de Investigación en Nanotoxicoloxía e Toxicoloxía Xenética do Centro de Investigación Científicas Avanzadas da mesma universidade).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?