Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R renova o seu acordo de colaboración co equipo Celta Integra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R renova o seu acordo de colaboración co equipo Celta Integra

S. P.
Publicado: 29/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

r_celta_integra_grupo1.jpgA operadora galega R e a Fundación Celta de Vigo renovaron o seu acordo de colaboración. Fixérono esta semana na sede do club deportivo, nun encontro encabezado polo director da Fundación olívica, Germán Arteta, o director de R, Alfredo Ramos, e Sergio Álvarez, conselleiro do club e ex porteiro do primeiro equipo, xunto a xogadores e corpo técnico do conxunto. Con este acordo, R quixo dar continuidade ao seu apoio a un equipo que xoga en LaLiga Genuine, competición de planteis formados por persoas do colectivo D.I (con discapacidade intelectual) e organizada por LaLiga.
Alfredo Ramos asegurou que para R “esta colaboración supón a contribución cunha sociedade máis xusta e solidaria. Apoiar o equipo Celta Integra dános máis do que lle ofrecemos, e permítenos expresar ano tras ano a nosa aposta compartida polo deporte, a integración social, a competencia sa e os bos hábitos de vida”.
r_alfredo_sergio_alvarez.jpgGermán Arteta quixo expresar, en nome da Fundación e do equipo, o seu “máis sincero agradecemento a R pola súa continua colaboración e xeneroso apoio. A vosa contribución e compromiso foi fundamental para amplificar a visibilidade do noso equipo e para crear novas sinerxías que nos axudan a avanzar promovendo a inclusión e o desenvolvemento dos nosos xogadores (…) Esperamos seguir contando co voso valioso respaldo no futuro, mentres continuamos a nosa viaxe cara á igualdade de oportunidades e á celebración da diversidade no deporte. Unha vez máis, grazas por crer na nosa causa e por serdes parte fundamental do noso equipo”.
r_celta_integra_grupo_2.jpgSergio Álvarez tamén lle mostrou o seu agradecemento a R e pediu á empresa de telecomunicacións que siga crendo na iniciativa: “O soño deste grupo é xogar ao fútbol, e hai que darlles a oportunidade de facelo onde eles queren, no Celta. Grazas por axudarnos a que este proxecto siga sendo importante, non só pola parte deportiva, senón especialmente polo gran labor que fai o Fundación Celta Integra para a inclusión destes mozos e mozas na sociedade. Espero que esteades moitos máis anos connosco contribuíndo a cumprir os seus soños”.
Novas tecnoloxías tamén para o Celta Integra
Froito do novo convenio e para fomentar “unha educación o máis integral e inclusiva posible”, a operadora e a entidade olívica prevén pór en marcha un obradoiro didáctico sobre seguridade dixital (ou sobre algún outro tema relacionado coas novas tecnoloxías) dirixido aos integrantes do equipo Celta Integra. Ademais, como colaborador do conxunto ata o final da presente tempada 2023-24 de LaLigaGenuine o logo de R estará presente no equipamento deportivo dos xogadores e do corpo técnico, e figurará igualmente na web do equipo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?