Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O certame Cajamar UniversityHack premia á UDC co Mellor rookie
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O certame Cajamar UniversityHack premia á UDC co Mellor rookie

S. P.
Publicado: 01/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foto_2_familia.jpgA maior competición analítica de datos de España, Cajamar UniversityHack, vén de outorgar o premio ao Mellor rookie á Universidade da Coruña na categoría UniversityHack Hall of Fame. Este premio recoñece á universidade mellor clasificada entre os centros universitarios españois incorporados nas tres últimas edicións a este certame, no que participaron, ao longo das súas sete edicións, 35 universidades e centros de formación de toda España.
Hoxe, 1 de marzo, o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, recibía de mans do director de Cajamar na Coruña, Jose Mateo Moinelo Allegue, o recoñecemento logrado polos seus estudantes de Intelixencia Artificial (IA) e ciencia de datos, que amosaron un elevado nivel. O acto tivo lugar na Reitoría da Universidade, tamén asistiron, ademais do reitor Ricardo Cao, o director de Customer Data do Grupo Cajamar, Antonio Font Pérez; e os membros do tribunal local na UDC da competición, Carlos Fernández Lozano, María de los Ángeles Saavedra Places, e José Antonio Vilar Fernández, os tres docentes da Facultade de Informática.
foto_1_entrega.jpgO reitor agradeceu o galardón e sinalou a importante aposta formativa e de investigación que fai a UDC en titulacións relacionadas coa análise de datos: os graos de Ciencia e Enxeñería de Datos, Intelixencia Artificial e Enxeñería Informática, así como os másters universitarios en Intelixencia Artificial, Técnicas Estatísticas, Ciencia e Tecnoloxía da Información Cuántica, Computación de Altas Prestacións, Ciberseguridade, Enxeñería Informática, Matemática Industrial e Bioinformática para as Ciencias da Saúde.
Pola súa banda, Jose Mateo Moinelo explicou que a finalidade da Cajamar UniversityHack “é ser un nexo entre os problemas e desafíos reais das empresas españolas e a aplicación do coñecemento da comunidade universitaria especializada en IA e ciencia de datos (data science) a través das súas propostas e solucións”.
Engadir que na clasificación dos mellores centros, denominado UniversityHack Hall of Fame, en función das participacións e clasificacións conseguidas no últimos cinco anos, Afi Escuela obtivo o primeiro posto, seguida pola Universidade de Sevilla, e a Universitat Politècnica de València, en terceira posición.
A Cajamar UniversityHack é unha competición que nace coa vontade de promover o desenvolvemento e a xeración de ideas no eido universitario da IA e o data science. En cada edición, o equipo de Analítica de Datos da banca cooperativa Cajamar pon ao dispor dos equipos participantes o acceso a un conxunto de datos exclusivamente estatísticos, disociados e agregados de xeito irreversible (datasets) e expón un reto. O concurso desenvólvese en tres fases: na primeira fase, os equipos traballan nun proxecto durante aproximadamente un mes e compiten con equipos do mesmo centro; na segunda fase, un xurado nacional selecciona os mellores traballos de cada categoría, os cales realizarán unha exposición presencial, tras o que o xurado define o podio do reto.
Por último, dicir que a entrega á UDC do galardón ao Mellor rookie tivo lugar na Reitoría da Universidade, nun acto ao que tamén asistiron, ademais do reitor Ricardo Cao, o director de Customer Data do Grupo Cajamar, Antonio Font Pérez; e os membros do tribunal local na UDC da competición, Carlos Fernández Lozano, María de los Ángeles Saavedra Places, e José Antonio Vilar Fernández, os tres docentes da Facultade de Informática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?