Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta acolleu unha xornada de sensibilización de Talentos Inclusivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta acolleu unha xornada de sensibilización de Talentos Inclusivos

S. P.
Publicado: 01/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_talentos_inclusivos_20240227-ies-menedez-pidal-zalaeta-1024x768.jpgEste martes 27 de febreiro celebrouse unha xornada de sensibilización do programa Talentos Inclusivos (CITIC) no IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta, que contou coa participación de representantes de ASPACE Coruña, a directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, o director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), Manuel G. Penedo e máis de 30 estudantes de 4º de ESO do centro.
No transcurso da sesión, Fernández Novoa destacou que “Talentos Inclusivos é un programa do que están moi satisfeitos e que seguirán impulsando durante os seguintes anos desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade”. Respecto aos grupos de traballo colaborativos, sinalou que “é unha iniciativa que permite aos alumnos ter un ensino práctico; son capaces de buscar unha solución a un problema que lles permite ver a importancia das pequenas cousas que resolven a vida de moitísimas persoas”.
Durante a xornada, Chon, Dani Ripoll e Toni, usuarios de ASPACE Coruña, explicaron aos asistentes en que consiste Talentos Inclusivos, unha iniciativa que busca espertar vocacións tecnolóxicas entre estudantes preuniversitarios (secundaria, bacharelato e formación profesional) dunha forma práctica, traballando en proxectos tecnolóxicos a través de grupos cooperativos con persoas con discapacidade, en concreto con persoas con parálise cerebral.
No marco do evento o alumnado aproveitou a ocasión para trasladar as súas inquietudes e consultas aos usuarios de ASPACE Coruña e realizaron unha primeira aproximación aos retos que están a poñer en marcha nesta edición, como o deseño dunha boquilla para pintar ou diferentes desenvolvementos en impresión 3D.
As xornadas de sensibilización forman parte das actividades programadas na nova edición de Talentos Inclusivos, que teñen como obxectivo achegar a realidade das persoas con parálise cerebral ao alumnado. Para iso, prográmanse diferentes sesións nos centros educativos nas que usuarios e usuarias de ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE e APAMP contan en primeira persoa os retos aos que se enfrontan día a día.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?