Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Remata no Campus de Ferrol a 3ª edición do Hackathon Navantia Next Pioneers
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Remata no Campus de Ferrol a 3ª edición do Hackathon Navantia Next Pioneers

S. P.
Publicado: 01/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hackathon_navantia_udc_ferrol.jpgA vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares, e o director de Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro, acompañados polo director do Campus, Marcos Míguez, o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás, e o director do I+D+i de Navantia Ferrol, Carlos Blanco, fixeron entrega este venres 1 de marzo do premio ao equipo gañador do III Hackathon Navantia Next Pioneers. Impuxéronse os integrantes do equipo Marlin.
O evento celebrouse entre as 15:00 horas do xoves 29 de febreiro e as 15:00 horas do venres 1 de marzo no Campus Industrial de Ferrol. Nel participaron un total de 55 estudantes dos últimos cursos do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, que se imparte na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), e do Grao en Enxeñaría Mecánica, do Programa de Simultaneidade do Grao en Enxeñaría Mecánica e do Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica, do Máster en Informática Industrial e Robótica, do Máster en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade, así como do Máster Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 aplicado ao Sector Marítimo (SEAS 4.0); todos eles estudos vinculados á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). Cómpre salientar a participación de 14 estudantes internacionais pertencentes ao último dos títulos citados, de 11 países distintos, como Perú, Sudán, Nixeria, Camerún, Azerbayián ou Turquía.
O reto presentado por Navantia para este hackathon foi o da procura dun sistema colaborativo para a asistencia ao operario ou operaria nas tarefas de montaxe de pequenos elementos en bloques ou subloques durante as fases de armamento, grada e peirao da construción dun buque. Ao longo do evento, o alumnado contou en todo momento co apoio de profesionais do sector naval e da enxeñaría para acadar a solución ao reto proposto, validando en tempo real as ideas xeradas, aos que sumaron dúas charlas motivadoras e outras actividades que permitiron manter a atención do público participante durante as 24 horas que durou o hackathon.
Presentáronse un total de 10 solucións, das que, logo da súa correspondente presentación e análise a cargo dun xurado profesional composto por persoal de Navantia, Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), foi galardoado o equipo Marlin, integrado por María Zubeldia Martínez, Bruno Brown Omlenyi, Arham Abdullah, Santiago Alonso García, Jorge Rodríguez e Iago Ferreira Carrera. Todos os integrantes do equipo gañador recibirán unha bolsa de formación en Navantia dun ano de duración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?