
Pola súa banda, o equipo Elementals, da academia Captioma de Ourense, logrou o Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador. Deste xeito, ambos os dous equipos conseguen clasificarse para participar na Gran Final Nacional da FIRST LEGO League que se celebrará o vindeiro 16 de marzo no Edificio do Paraninfo e na Facultade de Dereito da Universidade de Alacante.
Destacar tamén, na proba do Campus de Ferrol, o destacado papel do equipo de Ribeira FIRST – MEGA RIBEIRA SUPER LEGO, que acadou tres recoñecementos: o Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores, o Segundo Premio ao Deseño do Robot e o Premio ao Comportamento do Robot.
O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, foron os encargados de entregarlles os trofeos e diplomas aos dous equipos gañadores. Con todo, no acto de entrega de galardóns tamén participaron a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez; a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, Margarita Ardao; o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (Icoiig), Julio García Cordoné; o presidente de Ingenier@Soy, Javier Butragueño; o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz; o representante de Gabadi, José Luis Manso; a responsable de Marketing de PuntoGal, Cristina Ríos, ou a alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, entre outras autoridades.

Como cada ano, colaboraron nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego (dependente da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade), a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.
Palmarés
- Primeiro Premio Ingeniera Soy ao Gañador – G4Z4F4NT4SM4S, Gazapo Xestión (Narón, A Coruña)
- Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador – Elementals, Captioma Galicia (Ourense)
- Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST – Las Acacias BOT, Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
- Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores FIRST – MEGA RIBEIRA SUPER LEGO, MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
- Primeiro Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación – Os robots do pazo, IES de Fene (Fene, A Coruña)
- Segundo Premio ICOIIG ao Proxecto de Innovación – PINTUZ4POS, Gazapo Xestión (Narón, A Coruña)
- Primeiro Premio ao Deseño do Robot – MontecasteloBOT, Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
- Segundo Premio ao Deseño do Robot – MEGA BUILDER TEAM, MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)
- Premio ao Comportamento do Robot – MEGA BUILDER TEAM, MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)
- Premio Gabadi á Execelencia en Enxeñaría – ROBTIGUEIRA, IES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)
- Premio PuntoGal ás Novas Promesas – CTRL+T, IES As Telleiras (Narón, A Coruña)
- Premio ao adestrador/a – Teresa Cercido Galdo de CTRL+T
- Nominación National Innovation Award – Os robots do pazo, IES de Fene (Fene, A Coruña)

