Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e a Fundación Santa María La Real favorecerán a capacitación tecnolóxica de 200 persoas en risco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e a Fundación Santa María La Real favorecerán a capacitación tecnolóxica de 200 persoas en risco

S. P.
Publicado: 05/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240305_sxe_hubs_empregabilidade_3.jpgEste martes 5 de marzo presentouse o proxecto Hubs de activación para o emprego, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Iberdrola colaboran coa Fundación Santa María la Real co obxectivo de incrementar a formación e as oportunidades laborais para dous centenares de persoas vulnerables. Porase o foco na capacitación tecnolóxica.
Na presentación participou o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández. O programa, que se financia con fondos europeos, busca a activación profesional das persoas desempregadas en risco de exclusión. Terá o seu centro no Centro Integrado de Formación Profesional Santiago de Compostela, onde se desenvolverán as primeiras actuacións este 2024.
“Cos hubs”, indicou Fernández, “trátase de impulsar o apoderamento colectivo e individual, ofrecendo acompañamento ao emprego, activación e formación de carácter presencial ou dixital ás persoas que máis o necesitan”.
O proxecto diríxese a desempregados con dificultades de acceso ao mercado de traballo e en risco de exclusión e en situación de especial vulnerabilidade. Neste colectivo inclúense parados de longa duración, persoas con baixa cualificación, inmigrantes, mulleres vítimas de violencia de xénero, con discapacidade, integrantes de fogares con todos os seus membros en desemprego ou de familias monoparentais.
Con esta iniciativa a Xunta aspira poder axudar a máis de 200 persoas e celebrar un cento de sesións de traballo durante sete meses con expertos en emprego verde sustentable, tecnoloxías, mercado e tendencias laborais.
Os obxectivos específicos do programa pasan por incrementar o nivel de empregabilidade das persoas participantes a través dun adestramento práctico e intensivo en competencias transversais, demandadas polo mercado, incluídas as competencias verdes.
O secretario xeral subliñou que ademais se busca impulsar modelos de colaboración público-privados para loitar contra o desemprego e a exclusión social a través do estímulo e a procura de sinerxías do proxecto con outros proxectos, eventos, entidades, empresas, voluntariado corporativo etc.
O proxecto, que comezará este mes de marzo, concretarase na creación de lanzadeiras de emprego, iniciativas de capacitación dixital, formación para sectores de alta demanda, capacitación para o emprego verde e acompañamento. Prevese a súa continuidade en anualidades vindeiras ata 2027.
Un convenio asinado entre a Consellería de Promoción do Emprego e a Fundación Santa María la Real por valor de 56.477€ permitirá desenvolver o programa ao longo de 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?