Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: atlanTTic e Gradiant, no XXIV Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo que comeza hoxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

atlanTTic e Gradiant, no XXIV Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo que comeza hoxe

S. P.
Publicado: 05/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

feira_emprego_forotecnoloxico-1024x683-2.jpgEste martes 5 de marzo comeza no Campus de Vigo a XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, que novamente reunirá ás futuras e futuros enxeñeiros co sector empresarial. Celébrase do 5 ao 7 de marzo de 2024 nas tres escolas de enxeñaría da Universidade de Vigo: Industrial, Minas e Enerxía, e Telecomunicación. O foro contará coa presenza de postos de máis de 40 empresas nos que as persoas asistentes poderán entregar os seus currículos. O obxectivo é “brindar ao alumnado a oportunidade de establecer contacto directo cos seus futuros empregadores”. Haberá conferencias, obradoiros e simulacións de entrevistas, entre outras actividades. O evento contará co apoio de importantes organismos e centros de investigación. Por exemplo atlanTTic (UVigo) e o Centro Tecnolóxico Gradiant.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, estará novamente neste evento e contará cun posto informativo no que poderedes charlar directamente co noso persoal e coñecer as oportunidades laborais que ofrecemos. Terá stand de seu, o número 9, que estará situado no vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
Ademais, atlanTTic ofrecerá un workshop o mércores 6 de marzo de 18:30 a 20:00 h. na aula T-109 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET). No obradoiro Únete a atlanTTic e deseña as tecnoloxías do futuro! Impulsa a túa carreira profesional no eido das tecnoloxías de telecomunicación e os servizos dixitais poderás coñecer as oportunidades e vantaxes que ofrece a investigación para o desenvolvemento profesional. Con respecto a esta actividade formativa, atlanTTic anuncia que será de utilidade para coñecermos de primeira man a experiencia de antigas/os estudantes en diferentes etapas da súa carreira profesional. Participarán Miguel Álvarez Iglesias, xestor do Centro, Juan José López Escobar, investigador en redes avanzadas de comunicacións 5G & Beyond, Manuel Diz Folgar, investigador en sistemas aeroespaciais, e Carmen Valiñas Pereira, xestora de proxectos do grupo COM-atlanTTic (UVigo) e Em3Works. Segundo informa o centro de investigación da UVigo, “tentarase crear un espazo para o diálogo onde as persoas asistentes poderán dialogar co equipo de atlanTTic para resolver as súas dúbidas sobre as oportunidades laborais en carreiras técnicas”.
gradiant_emprego_uvigo_202303-foro-optimizada.jpg Gradiant
Como cada ano, un equipo de Gradiant estará no Foro Tecnolóxico de Emprego 2024 durante o Foro de Emrpego. Este evento que cumpre a súa XXIV edición é un dos máis importantes para o centro “xa que”, en palabras da dirección do mesmo, “supón unha excelente forma de ter unha primeira toma de contacto co alumnado das tres titulacións de enxeñería da Universidade de Vigo: E.E de Minas e Enerxía, E.E. de Industriais e E.E. de Telecomunicación”.
Parte do equipo de Gradiant trasládase estes días á Facultade de Enxeñería de Minas e Enerxía de Vigo. En Gradiant, aproveitarán as xornadas de encontros para poder mostrar “non só o que facemos e os perfís que adoitamos buscar, senón tamén todo o que ofrecemos ao noso equipo e a quen se une a el”.
Na primeira xornada do foro, ás 10.00, os investigadores da área de Seguridade e Privacidade de Gradiant imparten o obadoiro Innovando en ciberseguridade con Data Analytics.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?