Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comezou o Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo con 41 empresas buscando talento TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comezou o Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo con 41 empresas buscando talento TIC

S. P.
Publicado: 05/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

forotecno8.jpgAté 41 empresas compiten esta semana no Campus de Vigo por captar o mellor talento TIC que se está a formar nas aulas das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñería Industrial e Enxeñaría de Minas e Enerxía para incorporalo aos seus cadros de persoal. Fano na XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, un evento que, en palabras da UVigo, “consolidouse como a ponte máis directa entre as principais empresas do sector da enxeñaría e tecnoloxía (robótica e automática, TIC, enerxías verdes…) e as futuras enxeñeiras e enxeñeiros”.
A inauguración do encontro, este martes, contou coa presenza do reitor, Manuel Reigosa, quen, ademais de felicitar á organización polo éxito acadado, fixo fincapé na importancia que teñen para a Universidade de Vigo a celebración deste tipo de encontros: “Queremos transformar a sociedade e, para facelo, a ferramenta máis importante que temos sodes vós”, subliñoulles Reigosa aos máis de 70 alumnas e alumnos que forman parte da organización do foro, encabezados nesta edición por Carlota Cañamero, estudante do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación.
uvigo_forotecno2.jpgXunto ao reitor, a profesora Ana Mejías, que asistiu en calidade de vocal substituta do delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, resaltou o orgullo deste organismo en poder colaborar co foro, un aspecto no que tamén fixo fincapé o concelleiro de Orzamentos e Facenda do Concello de Vigo, Jaime Aneiros. “Seguimos medrando e iso é o que importa”, resaltou o concelleiro, ao tempo que garantiu o apoio do Concello de Vigo a este tipo de eventos que “desde a Universidade apoian ao tecido produtivo desta cidade”.
Participaron tamén nesta inauguración os responsables das tres escolas: Rebeca Díaz, de Enxeñaría de Telecomunicación; Elena Alonso, directora da Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía, e José Fariña, de Enxeñería Industrial. Os tres se amosaron “tremendamente orgullosos” do talento amosado polo alumnado das tres escolas.
Ao longo de tres días, desde hoxe ata o xoves, haberá múltiples actividades nas tres escolas. Os postos das máis de 40 empresas participantes sitúanse nos vestíbulos de Enxeñaría de Minas e da Enerxía e en Enxeñería Industrial. Participan empresas de moi distintos sectores, pero cun interese común en incorporar ao seu cadro de persoal o mellor talento TIC. Hai representantes do sector da enxeñaría e servizos dixitais como Centum, Optare Solutions, Imatia Innovation ou a compañía xaponesa NTT Data, especializada en integración de sistemas; do sector aeroespacial, como a viguesa Alén Space ou CATEC, o Centro Avanzando de Tecnoloxías Aeroespaciais; da automoción, como Borgwarner ou o CTAG, Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia; do enerxético como Norvento ou Naturgy; do alimentario, como Coren; de servizos de auditoría e consultaría, como PWC España ou Deloitte; do naval, con firmas como Navantia…
Ademais dos postos das empresas o programa inclúe moitas outras actividades. Entre outras, está previsto unha recollida de currículos, na que alumnas e alumnos poden entregar o seu CV ao persoal de recursos humanos das empresas participantes; conferencias ás que todo o mundo pode asistir e informarse sobre o funcionamento das empresas de enxeñaría e os últimos avances de determinados sectores, e tamén diferentes obradoiros organizados polas empresas nos que se lle propoñen ao alumnado retos e actividades para comprobar as súas aptitudes e a súa formación transversal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?