Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigadora da USC crea unha web para dar a coñecer as ligazóns entre a Lírica Galego-Portuguesa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigadora da USC crea unha web para dar a coñecer as ligazóns entre a Lírica Galego-Portuguesa

S. P.
Publicado: 05/03/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

portal_web.jpgAs redes socioculturais da lírica galego-portuguesa son o eixo sobre o que xira o novo portal web Redes Socioculturais da Lírica Galego-Portuguesa, que vén de ser creado pola doutora Déborah González, investigadora do Grupo de Investigación de Románicas da Universidade de Santiago (grupo de referencia internacional para os estudos vencellados co patrimonio literario e cultural da Idade Media). Indo o sitio web en cuestión, nel achégase información literaria, histórica e biográfica sobre os trobadores e xograres, coa posibilidade de visualizar graficamente as conexións entre eles. O obxectivo desta páxina é amosar as relacións socioculturais e literarias que se establecían na época, de cara a coñecer os autores e o contexto das súas cantigas, sendo esta web unha ferramenta moi útil para o campo investigador.
_c_tania_martins_ilustracion.jpgEste portal deriva dun proxecto concedido pola Xunta de Galicia e adicado esencialmente ás tenzóns e aos seus autores. “A tenzón é un tipo de cantiga dialogada entre dous autores. Eran cancións que servían como diversión e entretemento nas cortes medievais, polo que, entre as tenzóns que se conservan, atopamos diálogos xocosos e debates con finalidade claramente lúdica (…) permítennos coñecer contactos entre compositores distintos de maneira fiable, máis alá de favorecer a súa localización nunhas coordenadas cronolóxicas e xeográficas comúns”-explica Déborah González-. Ademais, a investigadora está a avanzar nunha edición crítica anotada destes textos.
En canto a novidade nesta iniciativa é que as redes están representadas graficamente. Os usuarios poden navegar a través dos nomes dos trobadores e xograres de maneira cómoda e dinámica. Así, pode consultarse unha representación xeral da rede social e, no seu interior, seleccionar un trobador ou xograr determinado para ter información de tipo histórica, biográfica e literaria.
Dicir que a maior parte ten unha orixe galega ou portuguesa, aínda que tamén participaron autores
casteláns e, máis ocasionalmente, doutras procedencias. Unha radiografía sobre os seus contactos e os intercambios literarios que estableceron é fundamental para pór en valor este patrimonio.
Alén disto, a creadora desta web está a desenvolver un proxecto que segue a mesma liña pero centrándose nas cantigas de escarnio, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades con fondos UE-NextGeneration. A súa finalidade é estudar estas relacións a través destas cantigas de escarnio, que permiten estimar outro tipo de diálogo e de conexións; igualmente son de interese os ciclos literarios satíricos, constituídos por textos de varios autores nos que estes satirizan un individuo (como acontece coa célebre María Pérez Balteira) ou denuncian un acontecemento histórico determinado, polo que tamén acadan relevancia desde unha perspectiva socioliteraria.
cancioneiro.jpg En definitiva, a través de diferentes categorías de relación analizadas e incorporadas ao portal progresivamente, a investigadora da Universidade de Santiago busca “avanzar nunha representación cada vez máis completa, exacta e nítida das redes socioculturais e literarias da nosa lírica medieval”.
A experta di que hai que tirar proveito do pulo que teñen na actualidade as novas tecnoloxías, un bo aliado para dar a coñecer a nosa historia literaria pois “máis alá do xograr Martín Códax, probabelmente o autor máis coñecido entre o gran público, sábese da existencia de algo máis de 150 autores da nosa lírica, algúns deles moi relevantes pola importancia da súa obra e que deben poñerse en valor. Temos un patrimonio literario medieval do que podemos sentirnos moi orgullosos.
Ademais, penso que a dificultade que poida ter a literatura medieval, por efecto da lingua e do emprego duns códigos culturais diferentes dos actuais, non significa que a sociedade galega actual non amose sensibilidade e aprecio por aspectos da súa historia literaria e cultural. Sen dúbida, o que se fai necesario é empregar formas e medios de comunicación máis accesibles a todos os públicos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?