Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae organiza en abril un curso CDS de sobre a guía de boas prácticas ITIL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae organiza en abril un curso CDS de sobre a guía de boas prácticas ITIL

S. P.
Publicado: 05/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

itil_service_vitae_computador.jpgA consultora galega Vitae organiza en abril (os días 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17 e 18) o curso ITIL 4 Specialist: Create, Deliver and Support (CDS). Terá 20 horas de duración e desenvolverase en formato de aula virtual con clases en directo. O curso CDS de ITIL forma parte da última versión, ITIL 4, que é un conxunto de prácticas de xestión de servizos de Tecnoloxías da Información recoñecido a nivel mundial.
En concreto, CDS céntrase nos aspectos clave relacionados coa creación, entrega e soporte de servizos dixitais de alta calidade. Este curso aborda como as organizacións poden integrar as prácticas de ITIL 4 para crear un valor sostible e entregar servizos eficientes nunha contorna tecnolóxica en constante evolución.
Para quen non o saiba, as siglas ITIL significan Information Technology Infrastructure Library, que podemos traducir literalmente como Biblioteca de Infraestrutura de Tecnoloxías de Información. ITIL é unha guía de boas prácticas para a xestión de servizos de Tecnoloxías da Información (TI).
itil_4_vitae_working.jpg Os obxectivos do curso son mostrar como integrar diferentes fluxos de valor e actividades para crear, entregar e manter produtos e servizos habilitados por TI, así como das prácticas, métodos e ferramentas relevantes; formarnos na preparación do rendemento do servizo, a calidade do servizo e os métodos de mellora; e capacitar ao alumnado para a realización con éxito do exame de certificación Crear, Entregar e Manter (CDS) de ITIL 4.
O curso será impartido polo formador Óscar Díaz, enxeñeiro en Topografía pola UPM e delineante industrial, ademais de instrutor experto e ITIL (SS, SO, ST, SD, CSI, MLC) con máis de 12 anos de experiencia. É formador acreditado por Exin para ITIL Foundations, cursos intermedios do ciclo de vida e capacidades, ISO 20000. Ademais, desde hai 10 anos traballa como formador IT acumulando notable experiencia como formador, especializándose na carreira ITIL, desde fundamentos, pasando por cursos intermedios ata niveis máis especializados de xestión da calidade.
Entre as empresas e organismos que formou atópanse Plexus, Correos Telecom, Indra, Ministerio de Xustiza, Vodafone, Seur, Ferrovial, Deutsche Bank, Volkswagen, Renfe, Laboratorios Lilly, Renault, DXT, IBM, Acciona, Mutua Madrileña, La Caixa, Telefónica ou Ono, entre outras moitas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?