Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 2.600 fogares de Friol accederán á Internet ultrarrápida de Adamo ao longo de 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 2.600 fogares de Friol accederán á Internet ultrarrápida de Adamo ao longo de 2024

S. P.
Publicado: 06/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adamo_lugo-4.jpgA operadora Adamo, especializada en achegar servizos de fibra avanzada no rural, fixo balance das súas previsións para este ano no concello de Friol (Lugo), onde segundo ten programado, levará a Internet de alta velocidade a máis de 2.600 fogares e empresas.
A despregadura, engade a empresa, está a ser executada “de forma progresiva”, aínda que xa levou a cabo a conexión de 170 familias do concello á súa fibra óptica. “Estas actuacións”, explica Adamo, “resultan máis complexas do habitual, dado que implican a instalación de tres cabeceiras que, ao finalizar o proxecto, quedarán interconectadas entre si para que a rede quede plenamente asegurada, fixada e consolidada”.
Tecnoloxía fronte ao despoboamento
Adamo engade no seu balance que “aínda que esta infraestrutura abre numerosas posibilidades, resulta inevitable identificar esta novidade tecnolóxica coa loita contra o despoboamento que mantén Friol desde hai décadas -leva 80 anos perdendo habitantes- e que deixa hoxe unha cifra de apenas 3.600 veciños no mesmo”.
Friol, como Madrid ou Barcelona
A empresa destaca que a tecnoloxía habilitada é fibra óptica de ata 1.000 Mb, a mesma velocidade máxima habitual de conexión que pode atoparse en calquera gran cidade. “Deste xeito”, engade Adamo, “é posible navegar por Internet á mesma velocidade en Barcelona, en Madrid… e no concello de Friol”.
Reunión co alcalde
David Llano, responsable de Adamo en Galicia, reuniuse a semana pasada co alcalde de Friol, José Ángel Santos, quen está impulsando o desenvolvemento desta infraestrutura clave tanto concedendo os permisos pertinentes con axilidade como facilitando sempre o labor dos técnicos do operador.
Por certo que a conexión que fornece Adamo (de ata 1.000 Mbps, como xa se sinalou), posibilita realizar con garantías actividades que hoxe resultan habituais: teletraballo, educación online, compras por Internet, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras.
Ola, veciño!
Co obxectivo de dotar de conexión de calidade aos sitios máis apartados, Adamo dispón do servizo Ola, veciño!, un formulario que se pode encher na web da empresa e que permite avisar á persoa interesada en canto a fibra chegue ao seu fogar. Así mesmo, en adamo.es teñen a opción de picar no apartado chamámoste para que un teleoperador da compañía estableza contacto co futuro cliente. Amais, pódese marcar o 1600 para recibir información e/ou contratar produtos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?