Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 20 empresas coruñesas impulsarán a súa estratexia online internacional con axuda da Cámara
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

20 empresas coruñesas impulsarán a súa estratexia online internacional con axuda da Cámara

S. P.
Publicado: 07/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_mobil_usuaria_muller_moza.jpgA Cámara da Coruña abrirá o prazo de solicitude de axudas para a convocatoria do programa Xpande Dixital 2024 o vindeiro 12 de marzo. Trátase, en palabras da entidade cameral, dun programa dirixido a pemes da demarcación “que busquen incrementar as súas vendas a través do impulso da canle online e chegar ou afianzarse en mercados internacionais”.
Ademais, achegaranse recursos para que as empresas fomenten e potencien o emprego da mercadotecnia dixital como ferramenta básica para mellorar o posicionamento da peme en mercados internacionais a través dun asesoramento personalizado organizado en varias fases, e dun paquete de axudas ao investimento que poden chegar aos 3.200€ por empresa.
Nunha primeira fase de asesoramento, totalmente gratuíta para a empresa, os profesionais da Cámara realizan unha análise pormenorizada da compañía co obxecto de desenvolver un informe de recomendacións e un plan de acción en mercadotecnia dixital. A continuación, procédese á posta en marcha do plan de acción, un conxunto de accións destinadas a fortalecer a posición competitiva da peme no mercado obxectivo e para o produto ou servizo que seleccionase previamente.
As accións que se poderán subvencionar ao 60% con Fondos FEDER son: modificación dunha web, tenda online, aplicación móbil; alta ou xestión de contas e mercadotecnia en liña en marketplaces; accións de Inbound Marketing; deseño e creación de campañas en redes sociais (SMM); posta en marcha de accións de posicionamento orgánico (SEO); reparación de analítica web e deseño de campañas de publicidade en liña (SEM) en Google Ads e/ou en plataformas PPD internacionais.
Ao inscribírense en Xpande Dixital 2024, as empresas optan a unhas axudas que poden chegar ata 3.200€. Hai 20 prazas dispoñibles e o prazo de solicitudes comezará o 12 de marzo e finalizará o 30 de xuño ou cando se esgoten (a través da sede electrónica da Cámara).
Ao redor de 100 empresas coruñesas de diferentes sectores afianzaron a súa estratexia en liña internacional en países como EEUU, México, Francia, Italia, Portugal, UK, Emiratos ou Alemaña entre outros desde o inicio da súa actividade.
Xpande Dixital 2024 é un programa que xestiona a Cámara de Comercio e que está co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?