Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno achega á Deputación de Pontevedra 1,5 millóns para transformar a xestión do padrón dos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno achega á Deputación de Pontevedra 1,5 millóns para transformar a xestión do padrón dos concellos

S. P.
Publicado: 07/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

abel_losada_subdelegado_pontevedra.jpgO subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, anunciou esta semana que o Goberno pon a disposición da Deputación de Pontevedra 1,5 millóns de euros para axudar aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes a modernizar os seus sistemas de xestión do padrón.
Estas axudas económicas que o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática dirixe especificamente ás deputacións, cunha dotación total de 64,1 millóns para toda España, acelerará a modernización dos padróns coa que deberán cumprir todos os concellos antes de agosto do 2026 segundo un recente cambio normativo.
En total, o importe preasignado polo Goberno para a provincia de Pontevedra ascende a 1,5 millóns de euros, polo que lle corresponde á Deputación a solicitude e repartición desta axuda estatal entre os municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes como destinatarios finais.
Como dixemos, a nivel provincial, poderán beneficiarse destas axudas os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes de Pontevedra. Abel Losada destacou que, ademais da mellora do padrón porase en marcha un novo sistema de intercambio de información co Instituto Nacional de Estatística (INE). Así a información pasará de compartirse con periodicidade mensual a estar dispoñible para o INE en tempo real. O organismo estatal publicará unha guía técnica para axudar neste cambio tecnolóxico.
“España está á cabeza da transparencia e rapidez nos procesos electorais, en gran parte debido á calidade do censo”, afirmou Abel Losada, quen puxo en valor este novo paso. Lembrou tamén que nas últimas Eleccións Autonómicas tan só houbo dúas reclamacións de electores por erros en toda a provincia de Pontevedra, o que dá unha idea clara do altísimo nivel de calidade do censo.
O subdelegado informou que, ademais, estas axudas, con cargo aos fondos NextGenerationEU, permitirán “aos concellos construír unha base municipal de datos de vivendas, unificada a nivel nacional, coa que tamén deberán contar obrigatoriamente a partir do 2026”. Esta base identificará cada vivenda a partir da súa referencia catastral e contará con ferramentas para a actualización da información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?