Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha aplicación de axuda ante a enfermidade de Crohn faise co quinto Premio Altia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha aplicación de axuda ante a enfermidade de Crohn faise co quinto Premio Altia

S. P.
Publicado: 07/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

altia_alberto_ruibal.jpgPromover proxectos tecnolóxicos que acheguen solucións innovadoras a distintos tipos de retos, fomentando o talento e a creatividade no eido tecnolóxico é o obxectivo que persegue Altia Premia, que celebra este ano a súa quinta edición. Desta volta o gañador foi Alberto Ruibal, co seu proxecto Aplicación móbil Android de axuda na enfermidade de Crohn.
Indo ao proxecto de Alberto Ruibal, dicir que é o resultado do seu traballo de fin de grao, é unha aplicación móbil deseñada para asistir a persoas con enfermidade de Crohn no seguimento da súa alimentación e a identificación de alimentos potencialmente daniños. A través dunha análise polo miúdo dos patróns alimenticios e os síntomas asociados, esta ferramenta permite aos e ás usuarios/as personalizar a súa dieta e mellorar a súa calidade de vida. Asemade, integra funcionalidades para o seguimento de distintos parámetros de saúde, achegando un enfoque holístico no manexo desta doenza.
O xurado de Altia Premia considera que “o traballo de Alberto distinguiuse pola súa rigorosidade e enfoque profesional. Ao incluír enquisas a persoas que padecen a enfermidade de Crohn, logrou dirixir o seu proxecto cara a un obxectivo de gran valor social, mellorando a comprensión da enfermidade e axudando na detección de brotes. A súa adicación e esforzo exceden con fartura o esperado para un TFG, demostrando como a adversidade pode converterse nun motor para o crecemento persoal e profesional”.
“Diagnosticáronme Crohn cando tiña 15 anos, co que ao escoller a temática do TFG tiña claro que quería contribuír de maneira positiva ás persoas que padecen esta doenza”, comenta Alberto Ruibal. “Ao presentarme a Altia Premia quería darlle visibilidade ao proxecto, permitindo concienciar á poboación sobre esta doenza. Estou moi agradecido a todas as persoas que están a usar a aplicación e ao persoal sanitario que me apoiou sempre. Agora poderei destinar o premio a seguir financiando o proxecto”.
A V edición de Altia Premia subliña a importancia da tecnoloxía como ferramenta para enfrontar os desafíos de saúde da nosa sociedade e recoñece o talento e a adicación da mocidade innovadora, á vez que reforza o compromiso de Altia co desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que teñen un impacto real na comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?