Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo celebra o 8M coa entrega do Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo celebra o 8M coa entrega do Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec

S. P.
Publicado: 08/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_elas_fan_tec_uvi2.jpgPor ser “un exemplo da implicación activa das docentes e investigadoras da Universidade de Vigo a prol da igualdade de xénero”, a institución académica viguesa concedeu o Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec, iniciativa que naceu no 2017 no Campus de Vigo da man das profesoras Ana Mejías, Verónica Salgueiriños e Soledad Torres e grazas a cal cada ano organízanse en torno á celebración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, múltiples obradoiros que achegan a ciencia e a enxeñaría ás rapazas dos institutos e centros escolares de toda a provincia.
A entrega desta distinción, que recoñece o compromiso das e dos membros da comunidade universitaria coa igualdade, tivo lugar este xoves na sala 1 do edificio Miralles no acto institucional de celebración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, nunha gala presidida polo reitor, Manuel Reigosa, amenizada pola actuación da poetisa Silvia Penas, e que tivo como protagonistas ás tres almas máter de Elas Fan CienTec: Ana Mejías Sacaluga, docente da Escola de Enxeñería Industrial e membro do grupo de investigación Rede, Investigación en Economía, Enerxía e Medio Ambiente; Verónica Salgueiriño, profesora da Facultade de Química e líder do grupo de investigación Nanomateriais Híbridos, do CINBIO; e Soledad Torres Guijarro, docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigadora do Grupo de Tecnoloxías Multimedia de atlanTTic.
A directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, foi a encargada de ler a acta da comisión que acordou “por unanimidade” conceder esta distinción á iniciativa Elas Fan CienTec, entre outros motivos, “polo compromiso de xénero que leva demostrado este programa desde o ano 2017”, “porque ten un alto impacto na comunidade universitaria, nos centros educativos e nos medios de comunicación”, “por combater o efecto Matilda na ciencia, facendo fincapé na visibilización das mulleres científicas e tecnólogas para que actúen como referentes” ou “por traballar por converter a nosa universidade nun lugar acolledor e seguro”.
Fixo tamén fincapé Águeda Gómez, en que se ben estas tres docentes foron as que promoveron a iniciativa, o galardón a Elas Fan CienTec é un premio colectivo, “porque son moitos os centros, moitas as profesoras, moitas as investigadoras e as alumnas implicadas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?