Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amparo Alonso ingresa na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amparo Alonso ingresa na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais

S. P.
Publicado: 08/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amparo_alonso_academia_ciencias_exactas.jpgA investigadora do CITIC e catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, ingresou este pasado 6 de marzo oficialmente na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (RAC).
IA verde e responsable foi o tema elixido pola investigadora no acto de investidura como académica correspondente. Nas súas palabras, destacou a influencia da Intelixencia Artificial (IA) na sociedade contemporánea, comparándoa coa revolución que supuxo a electricidade no seu momento. Subliñou que “a IA está a transformar a maneira en que as persoas se relacionan”, mencionando exemplos cotiáns como o uso de caixas automáticas en lugar de interactuar con persoas durante as compras. Amparo Alonso destacou “a importancia de recoñecer que a IA é simplemente unha ferramenta” e subliñou a responsabilidade da sociedade no seu correcto uso.
Un dos aspectos que destacou a investigadora do CITIC durante a súa intervención foi o panorama xeopolítico actual no desenvolvemento da IA. China, lembrou, encabeza o investimento neste eido, seguida dos Estados Unidos, que alberga ás principais empresas do sector. “En contraste, Europa, situada en terceiro lugar, mostra unha maior preocupación por unha IA ao servizo da cidadanía e avoga pola súa regulación”, sinalou.
A cerimonia de ingreso contou coa presenza de distinguidas personalidades, entre elas Asunción Gómez-Pérez, Vicerreitora de Investigación da Universidade Politécnica de Madrid e académica da Real Academia da Lingua (RAE), así como Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña.
Amparo Alonso uniuse á sección de ciencias exactas da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, sendo proposta polos académicos Enrique Castillo, José Bonet e José Duato. A súa incorporación destaca a súa relevancia e contribución ao eido da IA e o seu compromiso cun desenvolvemento sustentable e responsable desta tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?