Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Catro alumnos da FIC na final do Challenge Universitario da Fundación Repsol que se celebra en Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Catro alumnos da FIC na final do Challenge Universitario da Fundación Repsol que se celebra en Madrid

S. P.
Publicado: 08/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

challenge_udc.jpgOs alumnos Bruno Bouza Fernández, Raúl Meijide Couto, Javier Nogueira Vera, Pablo Teijeiro Torrón, do segundo curso do Grao en Enxeñaría Informática que se imparte na Facultade de Informática (FIC) da UDC, participan esta fin de semana (este venres e este sábado) en Madrid na final do Challenge Universitario organizado pola Fundación Repsol; unha competición presencial de 48 horas de duración na que os estudantes deben demostrar o seu talento para a resolución dun reto traballando en equipo.
Os estudantes da Universidade da Coruña, que compiten como equipo E-ways, acadaron a final no reto 1, dedicado a cidades sustentables, co proxecto denominado Unha nova luz: sensores de presenza para o alumeado, luces LED e pavimento cinético. Os seus rivais para facerse vencedores do reto son os equipos Avant Garde, co traballo Pintura fotocatalítica para reducir CO2 e NOx; EcoFuturo, co proxecto Xardineiras urbanas alimentadas por miniplanta de tratamento de residuos; Energetic Madrid, co proxecto Eficiencia enerxética a tres niveis: edificio, bloque e mazá; e IngeniaT, con Toldos fotovoltaicos.
A proposta dos catro alumnos da FIC, tamén denominada Mirando con novas luces a un futuro máis brillante propón a realización de catro accións para abordar o reto de cidades sustentables e descarbonizadas: a instalación de detectores de presenza de vehículos na vía para nivelar a intensidade das farois en ausencia de tráfico; a modernización do alumeaado, garantindo ademais o seu mantemento periódico; a reutilización e produción de enerxía pasiva, a través de pavimentos cinexéticos en resaltos, pasos de cebra elevados ou as propias calzadas; e optimización e redución de tráfico, a través do uso dos sensores do alumeado público e de aplicación dunha Intelixencia Artificial ou un algoritmo encargado de rexistrar e xestionar o tráfico e o tempo dos semáforos para optimizar o tempo medio dun vehículo parado na calzada, e reducir as súas emisións de CO2.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?