Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadoras da UDC participan nun estudo sobre a toxicidade e as violencias machistas nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadoras da UDC participan nun estudo sobre a toxicidade e as violencias machistas nas redes sociais

Redacción
Publicado: 08/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

poviolenciasdixitais.jpg_431699243.jpgUn estudo levado a cabo o pasado ano no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo permitiu coñecer que o 58% do alumnado da UVigo experimentou situacións de acoso a través da rede social Instagram, que só o 17% denunciara. Esta situación de “normalización das violencias dixitais” levou aos responsables daquel traballo, a profesora da Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UDC Teresa Piñeiro Otero e o profesor da Facultade de Comunicación da Uvigo Luís Xabier Martínez Rolán, a continuar esta análise nun novo proxecto financiado por esta cátedra, promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo. Desta volta, explican, buscaron unha “aproximación cualitativa” a esta problemática, dirixida a “entender as realidades ocultas tras estas actitudes e percepcións”, a través duns grupos de discusión nos que participaron 44 estudantes de diferentes ámbitos, 33 delas mulleres.
Dirixido a “coñecer as experiencias e percepcións de toxicidade e violencia dixital”, este estudo permitiu constatar que os estereotipos de xénero “poden ter un impacto profundo na autopercepción e autorrepresentación” do estudantado, así como na forma en que este se comunica e se presenta nas redes sociais.
Coa participación da tamén investigadora da UDC Laura Castro e de Graciela Padilla, Almudena Barrientos e David Caldevilla, da Universidad Complutense de Madrid, o proxecto Toxicidade e violencias machistas nas redes sociais dá continuidade ao desenvolvido na anterior edición da cátedra, que tivo como punto de partida a realización de máis de 600 entrevistas a estudantes dos tres campus da UVigo. “Parecíanos que os datos precisaban de unha aproximación máis profunda para coñecer o por que detrás dalgunhas das respostas”, sinala Piñeiro Otero, e isto levou a promover catro grupos de discusión, “nos que o alumnado foi debullando as diferentes cuestións”. Neste punto, Martínez Rolán sinala que a análise destas conversas levou a observar “como se producen situacións de normalización, ou incluso de negación, desta violencia”, así como a “preocupante frecuencia” coa que as alumnas tiñan que enfrontar situacións de acoso ou violencia dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?