Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole crea un bosque con 1.800 árbores para compensar as súas emisións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole crea un bosque con 1.800 árbores para compensar as súas emisións

S. P.
Publicado: 11/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bosque_tecnopole1.jpgAo abeiro dos seus firmes obxectivos de sustentabilidade e da súa marca Tecnópole en Verde, o Parque Tecnolóxico de Galicia está a desenvolver unha serie de accións pioneiras no conxunto dos parques científicos e tecnolóxicos de España destinadas a reducir a súa pegada de carbono. Como primeiro paso, o Parque calculou a pegada de carbono xerada en 2022 polo mantemento de todos os servizos e infraestruturas que ten a disposición das súas empresas.
Este cálculo recolle as emisións referidas principalmente á iluminación, climatización e mantemento de todas as instalacións que xestiona. Así, analizáronse as emisións directas de gases de efecto invernadoiro, como as procedentes da combustión en caldeiras, fornos e vehículos que son propiedade ou están baixo o control da entidade; e as emisións indirectas, asociadas á xeración de electricidade adquirida e consumida pola entidade.
Segundo os resultados deste estudo, a pegada ascende ás 263 toneladas de CO2 ao ano, cifra referida aos 11.918 m2 dos seus tres edificios principais, o que indica que se xeran 22 kg de CO2 por m2. Da cantidade total, 114 toneladas corresponden a empresas instaladas nestes edificios. Estas cifras son similares ás pegadas medias de entidades similares no noso país.
“O estudo amosa que a principal fonte de emisión é o consumo eléctrico asociado á climatización e iluminación dos edificios (95%), polo que noso obxectivo para os vindeiros tres anos é reducir nun 7,5% o consumo de electricidade, co que se lograrían reducir as emisións nun 25%, xunto ao gasto enerxético. Para conseguilo, estamos a traballar en iniciativas como a mellora do illamento dos edificios, a mellora da ventilación, a optimización da iluminación, ampliaremos a instalación de paneis solares fotovoltaicos, fomentaremos o uso de modos de transporte máis eficientes… Así mesmo, imos elaborar unha guía de boas prácticas para as empresas residentes, co fin de que tamén minimicen o seu impacto sobre o medio”, explicou o director xerente do Parque, Javier Taibo.
Un dos principais propósitos de Tecnópole é “que toda a súa enerxía proceda de fontes renovables”. Ademais, xa foi introducindo melloras para reducir o seu consumo enerxético como a instalación de portas con cortinas calefactoras nos corredores, a colocación de LED en todos os seus edificios e no alumeado exterior, a instalación dun sistema de calefacción máis eficiente mediante pélets… Vaise calcular a pegada de carbono correspondente a 2023 co fin de comprobar se se está a reducir.
Entre as accións para mitigar a emisión de gases de efecto invernadoiro, levouse a cabo a plantación de 1.800 árbores, que ocupan unha superficie de 2,2 hectáreas. A creación deste bosque foi posible grazas á repoboación de terreos do Parque que estaban en desuso, logrando mellorar a paisaxe e evitando así mesmo a propagación de especies invasoras. A repoboación fíxose con especies autóctonas (70% bidueiros e 30% unha mestura de piñeiros, castiñeiros, serbais, carballos e acivros), que absorberán máis de 270 toneladas de dióxido de carbono nos vindeiros 30 anos, en función do crecemento de cada unha destas especies.
O Bosque Tecnópole vai permitir compensar as emisións do primeiro ano e parte das emisións dos vindeiros. A plantación xerará cada ano a cantidade de osíxeno equivalente ao que necesitan 88 persoas, tendo en conta que unha persoa precisa o osíxeno xerado por 22 árbores.
Por outra banda, plantáronse arbustos autóctonos na zona axardinada, un total de 200 plantas, en particular acivro, loureiro e érbedo; xunto a outras árbores como castiñeiros, carballos e bidueiros. Trátase de especies que non esixen de rego para a súa subsistencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?