Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME pon esta semana o foco na ciberseguridade, no Instagram, na IA e no networking
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME pon esta semana o foco na ciberseguridade, no Instagram, na IA e no networking

S. P.
Publicado: 11/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-6.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, oferta esta semana cinco novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, Instagram, Intelixencia Artificial e networking.
As accións formativas inícianse este luns, 11 de marzo, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, copias de seguridade da man do experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire. O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a importancia de apoiar os datos nunha copia de seguridade, para evitar ser vítima dun ransomware ou padecer outros incidentes como roubos, asolagamentos ou subidas de tensión na rede eléctrica.
O martes 12, entre as 11:00 e as 12:00, celebrarase a sesión Como sacarlle partido ao Instagram da miña vivenda turística, onde Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo, abordará as ferramentas de Instagram máis útiles para chegar a máis clientes, afondando no funcionamento do algoritmo, nas stories, nos reels ou no Instagram Shop, entre outras.
Pola súa banda o mércores, á 12:00 horas, a titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico Laura Taboada impartirá o curso Capcut III, Intelixencia Artificial para o teu negocio, no que analizará o funcionamento das intelixencias artificiais e o seu aproveitamento para os negocios.
O xoves 14, entre as 11:00 e as 13:00, iniciarase o novo itinerario formativo sobre Intelixencia Artificial Ferramentas de texto con IA, Chat GPT, Gemini e Mixtral, impartido por Manuel Freire. A través desta actividade daranse a coñecer ferramentas que usan modelos de IA xerativa de textos como Chat GPT, Gemini e Mixtral, así como proporcionaranse recomendacións para xerar prompts e textos.
Finalmente, tamén o xoves 14, de 17:00 a 19:00 horas, celebrarase o taller Networking de empresas turísticas. Este acción formativa será presencial, no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, e contará con dúas partes. Na primeira delas, María Agustina Pereira, xerente de SI Subvenciones, proporcionará información sobre as liñas de financiamento dispoñibles para o sector turístico e, a continuación, terá lugar a sesión de networking.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?