Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A fusión de Orange e MásMóvil consegue a aprobación do Consello de Ministros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A fusión de Orange e MásMóvil consegue a aprobación do Consello de Ministros

Redacción
Publicado: 12/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

120324-rp-cmin-escriva.jpgO Consello de Ministros aprobou a operación de fusión entre iguais mediante a combinación dos negocios en España de Orange e MásMóvil. A nova sociedade conxunta será o primeiro operador en España por cota de mercado pois dará servizo a máis de 30 millóns de clientes móbiles, máis de 7 millóns de clientes de banda larga e máis de 2 millóns de clientes de televisión.
Os investidores presentaron de forma voluntaria no proceso de autorización un ambicioso Plan industrial, estratéxico e financeiro, que inclúe compromisos para realizar grandes investimentos en infraestruturas fixas e móbiles, que non poderían acadarse a tal escala sen a operación proposta.
O Goberno autorizou a operación que foi informada favorablemente pola Xunta de Investimentos Exteriores a pasada semana, tras o escrutinio da operación esixido pola normativa de Investimentos Exteriores.
Ademais, o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, autorizou ademais á nova entidade conxunta a toma de control sobre as concesións de espectro radioeléctrico que posúen Orange e MásMóvil.
Dado que a fusión entre iguais supera os límites de frecuencias a utilizar por un mesmo operador ou grupo empresarial, os chamados spectrum caps, aplícase o procedemento previsto no artigo 88.6 do Regulamento sobre o uso de dominio público radioeléctrico, que dá un prazo de cinco meses a partir do peche da transacción, con posibilidade de prórroga, á nova entidade para reverter esta situación e adecuar os límites de frecuencias. Calquera transferencia deste espectro excedente, incluídos os 60 MHz destinados a Digi segundo a decisión da Comisión Europea, terá que ser previamente aprobada polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
O grupo resultante comprometeuse a implementar un ambicioso plan de investimento a medio prazo en redes fixas e móbiles e á xestión operativa destas redes. A operación e os compromisos aceptados aseguran a continuidade de investimento en redes de nova xeración, o que contribuirá a que, grazas ao despregamento de fibra e redes 5G, España siga sendo o líder europeo en conectividade, cos efectos positivos que iso pode ter para a atracción de inversores ou a fixación de poboación en zonas rurais, entre outros aspectos.
O Goberno de España aprobou esta operación, que supón a existencia dun novo actor coa capacidade financeira e o tamaño necesarios para competir eficientemente e de forma sustentable no mercado español das telecomunicacións, mercado de carácter estratéxico para a economía e a seguridade do país, o que beneficiará aos consumidores e ás empresas españolas ao dispoñer dunha máis ampla carteira de produtos e servizos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?