Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra debate este xoves sobre as vocacións STEM no marco de Ciencia en feminino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra debate este xoves sobre as vocacións STEM no marco de Ciencia en feminino

S. P.
Publicado: 13/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ciencia-en-feminino.jpgA Deputación de Pontevedra debate este xoves 14 de marzo sobre as vocacións no marco de Ciencia en feminino, o programa de podcast e vídeo-podcast que promove xunto a GCiencia para reivindicar o papel da muller nas ciencias e na investigación.
Alicia Bruzos, bióloga especializada no cancro en animais mariños; Uxía García, primeira doutora aeroespacial da Universidade de Vigo; e Blanca Moncunill, paleontóloga na Universidade da Coruña, serán as encargadas de abrir este programa xunto á deputada provincial Sandra Bastos. Ciencia en feminino poderase seguir a través de GCiencia e das súas plataformas de Facebook e Youtube, así como a través de Google Podcasts, Spreaker, Spotify, IHeart, Deezer, Podchaser e Apple Podcasts.
Esta iniciativa, que promove a Deputación de Pontevedra ao abeiro da campaña Seguimos con todas e para todas deseñada para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, ofrecerá en total dúas charlas coloquio e dúas conferencias que afondarán, entre outras cuestións, nas vocacións femininas, o emprendemento na ciencia, a investigación no estranxeiro ou os teitos de cristal. Así, ademais desta primeira charla-coloquio, centrada nas vocacións femininas, terá lugar outra o 4 de abril para abordar cuestións relacionadas coa investigación no estranxeiro. Neste caso daranse cita Raquel Lama, investigadora sobre a viroloxía molecular dos peixes en Francia; Cristina Lazcano, investigadora sobre o cambio climático en California; e Carmen Figueiras, investigadora sobre a gripe en Londres.
No que respecta ás conferencias, a primeira delas terá lugar o 21 de marzo e terá como protagonista a Catalina Fernández de Ana Portela, bióloga e directora executiva de Hifas da Terra, que afondará no emprendemento feminino no ámbito científico. O broche de ouro do programa será o 11 de abril a cargo de Begoña Vila, astrofísica especializada no estudo de galaxias que traballa como enxeñeira de sistemas na NASA que se centrará nos teitos de cristal na ciencia e a tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?