Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia acolle por vez primeira o máis importante congreso sobre IA lingüística do eido lusófono
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia acolle por vez primeira o máis importante congreso sobre IA lingüística do eido lusófono

S. P.
Publicado: 13/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

propor_lusofonia_congreso.jpgA décimo sexta edición do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués (PROPOR-2024) ten lugar en Galicia por primeira vez na historia. Trátase do evento principal no ámbito do Procesamento da Linguaxe Natural e a Intelixencia Artificial (IA) arredor do portugués escrito e falado.
Segundo informou a Secretaría Xeral de Política Lingüística, entidade colaboradora de PROPOR, “o galego vai adquirir neste evento un destacado protagonismo, xa que, tamén por primeira vez, está presente con numerosos traballos centrados no procesamento automático da lingua propia, como é o caso dos que se desenvolven no marco do Proxecto Nós”.
Na sesión inaugural, o vicerreitor de Profesorado da USC Ernesto González Seoane trazou un percorrido histórico pola xeración Nós, inspiradora do nome do Proxecto Nós co que se pretende dar pulo á presenza dixital do galego. Na súa intervención, o vicerreitor detívose “nesta xeración de intelectuais que abriu o galego ao mundo e a campos antes prohibidos nun diálogo permanente e prioritario con Portugal”.
Tamén interveu a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, que salientou a promoción do galego levada a cabo por moitas persoas, grupos e empresas e que axuda a comprender o éxito deste foro, situando Galicia no mapa da IA galega-lusa-brasileira e máis alá.
A seguir, o decano de Filoloxía e director da Rede Galabra, Elias J. Feijó, fixo un percorrido histórico da lingua galega dende a Idade Media ata os nosos días e por todas as manifestacións culturais, sociais e políticas máis relevantes. Destacou, asemade, “a importancia deste reencontro coa familia lingüística natural, a galega-portuguesa-brasileira”.
Na apertura oficial do evento tamén participou o secretario xeral Valentín García, que salientou a importancia da chegada deste congreso a Galicia “xa que, como galegos, sentímonos fortemente unidos aos nosos irmáns lusófonos, tanto portugueses como brasileiros ou angolanos”. Ademais, o representante autonómico destacou que é “fundamental para o futuro da lingua galega asegurar a súa presenza nos dispositivos de Intelixencia Artificial”. Neste senso, subliñou os avances do Proxecto Nós, “a gran aposta do Goberno galego e da USC para incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais”, no que ambas entidades colaboran desde hai case tres anos.
propor_lusofonia_santiago_elias_feijo.jpg O congreso, que reúne preto de 150 investigadores na materia, a maioría procedentes de Portugal e do Brasil, desenvólvese na Cidade da Cultura ata este venres baixo a organización do CiTIUS, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, entre outras entidades.
Baixo coordinación do equipo de investigación do Proxecto Nós, PROPOR-2024 conta con 70 comunicacións científicas, que inclúen presentacións orais e pósters, ademais de varios eventos asociados: catro obradoiros, dous titoriais, unha sesión de demostradores, unha xuntanza industrial e dúas mesas redondas.
A primeira das mesas redondas, presidida polo enxeñeiro José Ramon Pichel, está dirixida ás empresas tecnolóxicas, mentres que na segunda, que conta coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, se debaterá cuestión de política científica á volta da IA e da lingua galega/portuguesa baixo a moderación do profesor António Branco.
Ademais, o congreso conta coa participación de tres relatores convidados: Elías Feijó, decano de Filoloxía da USC, que fai unha radiografía da historia da lingua galega/portuguesa desde diferentes puntos de vista; Gemma Boleda (Universidade Pombeu Fabra), que se centra no estudo dos cambios léxicos, e Marta Ruiz Cosa-Jussà (Meta Al-París), especialista en métodos de avaliación de modelos de tradución.
Por último, PROPOR-2024 tamén lles ofrece ás persoas asistentes distintas actividades socio-culturais, como a actuación de Quico Cadaval ou o concerto de Laura LaMontagne.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?