Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O luns 18 remata o prazo para inscribirnos no webinar sobre ciberseguridade do Colexio de Xornalistas e PuntoGal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O luns 18 remata o prazo para inscribirnos no webinar sobre ciberseguridade do Colexio de Xornalistas e PuntoGal

S. P.
Publicado: 13/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberseguridade-14.jpgEste luns 18 de marzo remata o prazo para inscribirnos de maneira gratuíta no seminario en liña Cara a un novo xeito de falar de ciberseguridade: nomes, números e rutas, que se celebra o mércores 20 de marzo a partir das 10.00 horas. O curso está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, PuntoGal e a Global Cyber Alliance (GCA), co apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, e o Nodo Galego de Ciberseguridade.
O webinar contará coa participación de tres expertos relatores: Carlos Seisdedos, investigador e analista de intelixencia en seguridade internacional e ciberseguridade e formador de forzas e corpos de seguridade na análise criminal e na ciberinvestigación; Pablo López-Aguilar, director asociado do programa de de seguridade da Global Cyber Alliance, traballou como investigador na Universidade Pompeu Fabra e director de tecnoloxía no Anti-Phising Work group; e Alejandro Fernández-Cernuda, director de compromiso do programa de integridade na Internet na GCA con máis dunha década de experiencia en ciberseguridade. O acto estará presentado pola xornalista Valeria Pereiras, membro da Xunta de Goberno do CPXG, e desenvolverase segundo o seguinte programa:
10.00: Presentación a cargo de Valeria Pereiras
10.20: Carlos Seisdedos: Reflexións sobre a cobertura mediática da ciberseguridade
10.40: Pablo López-Aguilar: As infraestruturas da Internet e o risco cibernético
11.00: Alejandro Fernández-Cernuda: O ecosistema colaborativo que protexe Internet
11.20: Debate: Claves para unha nova narrativa?
A realización desta sesión formativa encádrase na colaboración das entidades participantes para mellorar a ciberseguridade das e dos xornalistas. O pasado ano, este traballo en común materializouse na presentación da tradución ao galego da caixa de ferramentas realizada pola Global Cyber Alliance para garantir a seguridade das comunicacións e do almacenamento de datos das e dos xornalistas, que compila utilidades para o seu uso sinxelo e de balde.
O curso realizarase a través da plataforma de formación en liña do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, con prazas limitadas, e é gratuíto para colexiados e colexiadas e outras persoas interesadas. Para inscribirse é preciso enviar, antes do luns 18 de marzo, un correo a xornalistas@xornalistas.gal. A reserva de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Se tes algunha dúbida, podes consultar no correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?