Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sinatura electrónica, a súa aplicación e os seus usos centran un seminario en liña da Cámara de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sinatura electrónica, a súa aplicación e os seus usos centran un seminario en liña da Cámara de Santiago

S. P.
Publicado: 14/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sinatura_electronica_camara_santiago.jpgA Cámara de Comercio de Santiago ofrecerá en marzo un novo seminario en liña sobre transformación tecnolóxica, desta volta centrado en ofrecer recursos para facilitar os trámites da nosa peme. A xornada A sinatura electrónica, a súa legalidade, aplicación e casos de uso na miña empresa celebrarase o día 21 de marzo ás 10.00 horas. Encádrase nas actividades da Cámara ao abeiro da Oficina Acelera Peme e do programa Kit Dixital.
A nivel de contidos, ofrecerase un achegamento á legalidade da sinatura electrónica en España e en Europa, ao regulamento eIDAS e que recollen as súas bases, aos tipos de sinatura que recolle o eIDAS e que deben cumprir para ser plenamente seguros e legais e a como aplicar a sinatura electrónica en diferentes ámbitos da empresa (na documentación laboral, na prevención de riscos laborais, nos contratos comerciais e en contratos con provedores).
Tamén serán abordadas outras cuestións como as características dunha solución de sinatura electrónica, os certificados (que son e que relación teñen coa sinatura), as dúbidas frecuentes sobre a sinatura electrónica e as axudas para a dixitalización da xestión de procesos.
Dani Cerqueiro, experto en TIC e CMO de Docuten, amais de estar no equipo de promotores de Startup Galicia, encargarase de impartir os contidos. Dani é licenciado e doutor en Ciencias Físicas e leva dende 2004 vencellado profesionalmente ás novas tecnoloxías. Ten realizado múltiples actividades formativas relacionadas coa Transformación Dixital e o Emprendemento.
Esta xornada esta organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital (Red.es) da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?