Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nabiza Girl salta á animación en stop motion coa webserie Así falamos, así sentimos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nabiza Girl salta á animación en stop motion coa webserie Así falamos, así sentimos

S. P.
Publicado: 14/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nabiza_girl_asi_falamos_asi_sentimos.jpgNabiza Girl, superheroína creada pola actriz Isabel Risco, dá o chimpo ao mundo audiovisual grazas a Así falamos, así sentimos. Trátase dunha serie de técnica stop motion protagonizada por este personaxe que arrinca a súa emisión en diferentes redes sociais esta mesma semana. Con esta nova iniciativa audiovisual, lanzada pola produtora coruñesa Algarabía Animación e apoiada pola Deputación da Coruña a través das súas axudas á produción de proxectos singulares de especial interese, a superheroína creada e interpretada por Risco continúa a explorar novos formatos.
Faino tras unha longa traxectoria nos escenarios e despois da publicación en 2023 de Operación Breogán, fanzine publicado por Demo Editora, asinado pola propia actriz xunto ao ilustrador Manel Cráneo e o guionista Carlos Ares e cuxo lanzamento coordinou Marta Horjales.
Este grupo creativo volve unirse neste 2024 para sumar o seu talento ao de Algarabía Animación, produtora encabezada por Tomás Conde e Virginia Curiá. Así, Ares asume a coordinación de guión xunto a Risco (quen tamén lle pon a voz a Nabiza Girl), Manel Cráneo encárgase da dirección de arte e Marta Horjales desenvolve funcións de coordinacións nunha serie que nace co obxectivo de reforzar a identidade galega entre a mocidade, cun ton natural e desenfadado. A súa difusión, co obxectivo de chegar ao público novo, levarase a cabo a través das redes sociais. Concretamente Instagram e Tiktok. Destacar que o grupo coruñés Tiruleque ponlle a música á serie e que Laura Blanco Caramés é a responsable dos decorados e mais do atrezzo.
A serie está dirixida ao público familiar e adolescente co obxectivo de motivalo para o uso da lingua. Así, os episodios poñen o foco principalmente nun aspecto concreto da situación idiomática en Galicia: a influencia que ten o galego sobre o castelán falado. Así, explican dende a produtora, a idea é xogar a inverter unha perspectiva frecuente do debate lingüístico (que adoita xirar habitualmente sobre a pegada do castelán sobre a nosa fala) para “chamar á reflexión e pór en valor a potencia expresiva do galego, mesmo en ámbitos que adoitan serlle hostil”. Mostras deste leitmotiv atópanse xa nos títulos de cada episodio, bautizados con palabras como Reseso, Pota, Esnafrar, Esmagar, Cheirar ou Refugallo. O primeiro deles está dispoñible nas redes e os próximos episodios emitiranse nos seguintes días: sábado 16, martes 18, venres 22, luns 25 e mércores 27.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?