Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Atriga estrea aplicación para móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Atriga estrea aplicación para móbiles

Redacción
Publicado: 15/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

iphone_atriga_02.jpgA Xunta de Galicia vén de pór en marcha unha aplicación para dispositivos móbiles que permitirá á cidadanía acceder de forma áxil aos servizos da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga). Neste momento, está dispoñible para iOS e nos vindeiros días xa estará tamén para Android.
A aplicación está dispoñible en galego e en castelán e inclúe servizos de acceso libre e outros que requiren acreditar a identificación do usuario. Esta identificación pode realizarse mediante a Chave365, o certificado electrónico ou o DNI electrónico (polo momento estes dous últimos só estarán dispoñibles para Android).

Servizos dispoñibles

iphone_atriga_04.jpgA través desta nova aplicación móbil e sen necesidade de identificarse, as persoas interesadas poden realizar unha solicitude de cita (tamén consultala, anulala ou modificala) para ser atendido de xeito presencial. O sistema de cita é opcional para a cidadanía e permite garantir a hora e o día no que se lle vaia a atender.
Tamén permite realizar o pago de taxas e prezos, multas e sancións a través de tarxeta bancaria ou da plataforma Bizum. Ademais, pódense consultar as oficinas de presentación da Atriga (cos datos de contacto); consultar as entidades colaboradoras coa Axencia; ou verificar documentos por CSV (Código Seguro de Verificación), tanto de xeito manual como a través da captura do código de barra do documento coa cámara do dispositivo móbil.
Por outra banda, a cidadanía tamén poderá, previa identificación, consultar e realizar o pagamento de débedas notificadas pola Atriga mediante tarxeta ou Bizum; ou obter os certificados de estar ao corrente de débedas coa Xunta e de ser ou non declarantes do Imposto de Patrimonio, necesarios para obter axudas, subvencións ou participar en procesos de contratación.
Esta nova aplicación, que irá ampliando os servizos dispoñibles, enmárcanse nas actuacións desenvolvidas pola Atriga para reforzar e avanzar na información e simplificar a asistencia a toda a cidadanía. Trátase en definitiva, de facilitar o cumprimento das súas obrigas tributarias, evitando os desprazamentos e co conseguinte aforro de tempo e custos na realización dos trámites tributarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?